You are hereNovidades sobre o proceso de Admisión

Novidades sobre o proceso de Admisión


By encisa - Posted on 10 Marzo 2021

Novas prazas en 1º de ESO

Amplíanse para o curso 2021/21 as prazas de 1º ESO, pasando a un total de 150. Tendo en conta a previsión de necesidades de praza dos centros adscritos e do propio instituto (alumnado repetidor) prodúcense 17 vacantes para o proceso de admisión.

As familias que xa realizaran unha solicitude de praza noutro centro por non haber inicialmente praza no IES Antonio Fraguas, poderán poñerse en contacto con ese centro no caso de querer renunciar a dita solicitude para poder presentala neste. Lembren que non pode haber dúas solicitudes simultáneas.

 

Colexios adscritos

Información para o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos: é dicir, alumnado do CEIP das Fontiñas, CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, CPR Plurilingüe Vilas Alborada e CPR Plurilingüe Juventud: 

Garántese a escolarización en 1º ESO do alumnado dos colexios adscritos (6º de Primaria) que no seu momento fixeran a reserva de praza para o "IES Antonio Fraguas" en tempo e forma.

Por este motivo paralízase o proceso de solicitudes de praza (e posterior baremación) que estaba aberto no IES Antonio Fraguas ao respecto do alumnado procedente de ditos centros.
 
Non é necesario polo tanto que ditas familias realicen ningún trámite, tanto se xa trouxeran a documentación ao noso centro coma se non, pois teñen a súa praza garantida no IES Antonio Fraguas para o curso 2021-22
 
(para acceder a toda a información sobre a Admisión para o curso 2021-22, prema na pestana "Admisión" na parte superior desta web)

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos