8-M Día da Muller

Todos os membros do Equipo de Igualdade e Apoio LGTBIQ+ traballamos arreo para conmemorar esta data tan importante como se merece. Seguindo a idea da nosa compañeira, Carla Rozas, elaboramos a nosa propia versión da obra da artista conceptual Jenny Holzer, con frases e nomes reivindicativos escritos en papeis moi coloristas. A rapazada foi a encargada de facer unha playlist en Spotify cheíña de cancións ben fermosas sobre mulleres loitadoras. Dende a Biblioteca do centro quixeron achegar a súa propia escolma de libros que rachan cos estereotipos de xénero. Incorporamos tamén a proposta de Tere Casal con frases célebres feministas ditas por homes con moita relevancia na esfera internacional. Ademais, sumámonos á iniciativa de visibilizar mulleres trans que desenvolveu a  Fundación ARELAS, a asociación de familias de menores trans. Tamén contamos cunha pequena presentación de mulleres importantes no eido científico e rematamos cunha representación de mulleres bravas da cultura galega ao longo da historia. Podes ver todo isto recollido neste vídeo. SEGUIMOS EN LOITA, COMPAÑEIRAS. FELIZ DÍA!!!

 

  Co gallo do 8 de marzo, o alumnado de ITI (Investigación e Tratamento da Información) de 2º ESO elaboramos a liña do tempo colaborativa "Mulleres científicas ao longo da Historia". Cada integrante do grupo escolleu unha científica e prestoulle a súa voz para facer unha breve presentación dos aspectos máis relevantes da súa vida e da súa contribución á Ciencia.

Invitámoste a entrar nesta liña do tempo premendo sobre a seguinte imaxe e escoitar as científicas (coas nosas voces) da selección que fixemos.

   Despois de escoitalas, animámoste a xogar no seguinte enlace:

As persoas autoras deste traballo somos:

Coa axuda das profesoras Lupe García e Sonia Iglesias

"Especial Entroido" en Fraguas TV

Programa "Especial Entroido" da canle Fraguas TV, no que podemos ver os vídeos enviados polo alumnado para participar no Concurso de Vídeos de Entroido 2021:

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Video conmemorativo do Día Inernacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) que puxemos esta semana na TV da entrada do centro. Organizado polo equipo de Igualdade e apoio LGTBIQ+.  

Concurso de Videos de Entroido 2021

Convócase o "Concurso de Vídeos de Entroido 2021", descarga as bases e a autorización de imaxes. Lembra que para participar deberás enviar o vídeo e a autorización ao email fraguastv@gmail.com 

Cribado masivo ao alumnado e ao profesorado

Sanidade determina realizar un cribado masivo entre TODO O ALUMNADO (ESO e BACHARELATO) e ao profesorado. No video se indica só á ESO pero finalmente será tamén ao bacharelato:

 

Especial Nadal en Fraguas TV

Preme para ver o programa "Especial Nadal", emitido o pasado 22 de decembro, en directo, dende Fraguas TV:

 

 

Rompendo estereotipos de xénero

Hoxe venres 4 de decembro, o Equipo de Igualdade propuxo vir ao centro con saia, para rachar cos estereotipos de xénero.

  

25N contra a violencia machista

A mellor prevención contra a violencia machista é sempre unha educación que desbote prexuízos e estereotipos de xénero. Desde o IES Antonio Fraguas queremos achegar o noso gran de area para que poidamos deixar de lembrar o 25N, Día contra as violencias machistas. É por iso que nos unimos baixo este lema proposto polo alumnado de 1° de bacharelato B, xa que, como comunidade educativa, compartimos e comprendemos que a base dunha sociedade igualitaria é a coeducación.

 

Hoxe 25 de novembro, no primeiro recreo, alumnado e profesorado realizaremos unha concentración simbólica no patio para rexeitar todos os tipos de violencia contra as mulleres e en defensa dun mundo xusto e igualitario.

 

Os lemas que aparecen nos laterais da nosa web foron propostos polo alumnado do centro no concurso organizado pola equipa de igualdade, no que o lema central foi o gañador. (A votación final realizouse na conta de Instagram) 

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos