You are herePresentacións de titores/as coas familias

Presentacións de titores/as coas familias


By encisa - Posted on 15 Septembro 2023

As reunións de inicio deste curso 2023-24 entre pais, nais e titores/as, van ser telemáticas (por internet) para todos os cursos e niveis excepto para 1º ESO que serán presenciais.

Para conectarse dende un ordenador non se necesita instalación previa de ningún programa. Dende un móbil haberá que ter instalada a app Jitsi Meet (gratuita).

 

Para as reunións telemáticas (2ºESO, 3ºESO, 4ºESO, 1ºBach e 2ºBach) Basta premer no enlace correspondente ao grupo do/a seu/súa fillo/a no momento da reunión, no seguinte enlace:

prema aquí para buscar o grupo e conectarse

 

HORARIOS DAS REUNIÓNS TELEMÁTICAS

2ºESO e 3ºESO (telemática): Mércores 20 de setembro de 17:00 a 18:00

Modificación: as reunións dos grupos 2ºESO C e 3ºESO C quedan aplazadas ata novo aviso por causa de forza maior. Avisarase (por Abalar) con suficiente antelación da nova data destas dúas reunións aplazadas. O resto de grupos de 2º e 3º de ESO serán o día e hora establecidos arriba.

4ºESO (telemática): Mércores 20 de setembro de 18:00 a 19:00

1º e 2º Bach (telemática)Mércores 20 de setembro de 19:00 a 20:00

Nota: non é necesario ter cámara web nen micro, basta con altofalantes para escoitar ao/á titor/a. Para intervir, no caso de non ter micro, pódese escribir texto.

HORARIO DA REUNIÓNS PRESENCIAIS

1ºESO (presencial): Xoves 21 de setembro de 17:00 a 18:00

 

As reunións son para presentación da persoa titora ás familias e indicar normas xerais do centro. As familias que desexen unha cita persoal coa persoa titora poderán solicitar reunión de titoría nos días establecidos de atención ás familias (dos que se informará na propia reunión)

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos