You are herePrazos e documentación Inmersión Lingüística- INGLATERRA

Prazos e documentación Inmersión Lingüística- INGLATERRA


By encisa - Posted on 19 Febreiro 2024

Programa de inmersión lingüística en Inglaterra.

 

INFORMACIÓN

 

Ao pé deste mesmo artigo podes acceder á información xeral do programa (xa publicada anteriormente)

 

Data de actualización: 03/04/24 (12:05)

Cita no aeroporto de Santiago de Compostela co alumnado: 

Xoves día 4/4/24 ás 15:50 (catro menos dez)

Levade para a viaxe:

- pasaporte (imprescindible)

- algo para cear (sólido, os líquidos non están permitidos no avión) xa que tardaredes moitas horas ata chegar ás casas das familias. Non o metades na maleta que se factura (20kg).

- non é necesario levar copia do permiso da policía xa que as profesoras acompañantes levarán os de todos/as.

 

Data de actualización: 02/04/24 (17:45)

Xa está a información sobre as familias acolledoras en Inglaterra na Aula Virtual (preme aquí). Lembra que poderían ser modificadas pola organización en caso de necesidade ata o mesmo día da viaxe (serías informado/a e se asignaría outra diferente).

 

Data de actualización: 01/04/24 (23:55)

Todavía non temos os datos das familias que acollerán ao noso alumnado en Inglaterra, ainda que a previsión era de telos hoxe luns 1 de abril. Esperamos telos mañá día 2 de abril.

Informaremos, disculpade a tardanza.

 

Data de actualización: 26/03/24 (12:45)

Avisos para a viaxe a Inglaterra: 

1. Os enchufes ingleses son diferentes aos daqui. Tedes que comprar un adaptador de enchufe para poder cargar móviles. Se non encontrades adaptador a tempo, podedes compralo ali.

2. Respecto aos móviles recomendaron levar bateria extra (quen teña) para asegurar que non quedades sen bateria xa que o móvil será necesario para algunhas actividades e para a aplicación do autobús que teredes que utilizar para ir das vosas casas ao centro (xa vos daremos instrucións). En todo caso, se non tendes con tentar telo cargado ou levar cargador será suficiente. 

3. Teredes que descargar a aplicación Morebus e para activala o día de chegada tedes que utilizar o voso mail (non o de pai/nai). Por iso é importante que sexa o voso o que déchedes como contacto. Pero NON se pode activar ata chegar alí porque ten validez dunha semana e se se activa antes non cubriría todos os dias.

4. Levade tarxeta de crédito (ou tarxeta monedero) ou cambiar libras (disto xa se falou na reunión informativa).

Nuns dias daremos mais avisos . Desfrutade esta semana :)

 

 

Data de actualización: 21/03/24 (01:15)

Novo espazo na AULA VIRTUAL de recursos para o programa. Para acceder preme aquí e despois introduce o usuario e contrasinal da aula virtual do/a alumno/a.

No espazo de recursos poderás atopar:

  • Información da familia de inglaterra na que vas vivir durante o programa. Esta información estará dispoñible o venres 22
  • Acceso á proba de nivel** de inglés.

**Proba de nivel de inglés: o alumnado deberá realizala o xoves 21 de marzo. Pode realizala dende o seu teléfono móbil ou dende un ordenador. O acceso á proba será enviado a través do grupo de whatsapp creado para este programa, e tamén estará dispoñible no espazo informativo da aula virtual ao que se fai referencia no punto anterior.

 

Data de actualización: 13/03/24 (18:15)

(Datos completados! moitas gracias!!): A mensaxe dicía: Necesitamos que o alumnado que vai participar no programa cubra os datos para poder enviarlles un enlace para a proba de nivel de inglés e tamén para a súa localización durante a estancia. Estes datos serán facilitados á empresa encargada das actividades en Inglaterra para uso exclusivo deste programa.

MOI IMPORTANTE: o correo que se pide e o número de teléfono deben ser do/a alumno/a que viaxa porque van ser utilizados durante a estancia.

 

 

 

Data de actualización: 08/03/24 (22:15)

 Billetes de avión mercados!!

 

Detalles da viaxe:

Saída: 4 de abril ás 18:10 dende o aeroporto de Santiago (vueling)

aterrizando ás 19:15 (hora local) en Londres (GTW)

Regreso: 10 de abril despega dende Londres (GTW) ás 20:25 e aterriza en Santiago ás 23:35

Prezo das dúas viaxes en avión incluindo a maleta de 20kg e seguro de cancelación (por causas contempladas de forza maior, condicións habituais dos seguros de cancelación) total 210€ por alumno/a.

 

Por outra banda, indicar que a empresa que organiza a estancia en Inglaterra fixo unha rebaixa ao grupo atendendo ao número de asistentes polo que o prezo da estancia (sen vóos) queda en 780 € por alumno. Resultando por tanto un total de 990€

 

Prazo para o último pago:

                         data límite 22 de marzo ás 14:00

Documentación a entregar co último pago:

  • resguardo transferencia do pago (690€) 
  • fotocopia do pasaporte no caso de non tela entregado antes.
  • documento "parental consent" cuberto e asinado (preme aquí)
  • permiso da policía nacional para viaxar ao estranxeiro (para obter os datos que pedirán na tramitación preme aquí). Se xa estivera realizado, debido ao cambio de datas hai que realizalo novamente (lamentamos as molestias)

 

 

 

Data de actualización: 08/03/24 (14:00)

 

Vaise solventar a emisión de billetes de avión durante o día de hoxe. É posible que haxa finalmente unha variación de datas (do 4 ao 10 de abril) pero ata non ter os billetes 100% non confirmamos. 

Durante o día de hoxe venres 8 de marzo actualizaremos a información de: prezo final, profesorado acompañante, datas e horarios dos vóos.

Desculpade as molestias.

Manteño as anteriores informacións publicadas (debaixo desta) para quen lea esta mensaxe sen ter lido informacións anteriores. Lembra que esta información é a máis recente.

Carlos Encisa

 

Data de actualización: 07/03/24 (15:07)

A axencia de viaxes á que se lle encargou a compra dos billetes de avión informa de que leva dous días intentando mercar os billetes de grupo con Ryanair e a páxina web bloquea a compra. Nete momento non podemos garantizar que se poida facer a viaxe exactamente nas datas indicadas (do 3 ao 9 de abril) xa que, tras dous días agardando unha solución, imos ter que valorar algún movemento de datas (pequeno) para conseguir outras alternativas para viaxar a un prezo razonable. En todo caso, de conseguilo, haberá que consultar dispoñibilidade no destino. 

Polo momento non tramitedes os permisos da policía. As persoas que xa o fixeran agarden tamén instrucións.

Lamentamos as molestias

Carlos Encisa

 

 

Prazo de solicitudes e primeiro pago:

                         data límite 28 de febreiro ás 14:00

Documentación a entregar co primeiro pago:

  • solicitude 
  • resguardo transferencia primeiro pago 
  • documento de datos persoais 
  • fotocopia do pasaporte (en caso de estar en trámite entregarase o antes posible unha vez concluido o trámite)

 

Información xeral (xa publicada anteriormente)

Esta actividade foi aprobada polo Consello Escolar do IES Antonio Fraguas e está destinada a alumnado de 3º e 4º de ESO. O alumnado participante aloxarase en casas de familias inglesas e asistirá a unha escola de idiomas durante 3 horas diarias. Ademáis, realizarán un programa de actividades turísticas e culturais, incluindo unha visita á cidade de Londres. O programa completo pode consultarse no seguinte enlace.

A viaxe ten unha duración total de 7 días. As datas concretas da viaxe concretaranse en función dos horarios dos vóos, pero en todo caso realizarase na primeira quincena de abril, salvo cambios debidos aos vóos, a viaxe será do 3 ao 9 de abril.

O prezo total, ao que haberá que sumar o prezo da viaxe en avión, pódese consultar no seguinte enlace, no que ademáis figuran máis detalles.

As familias interesadas puderon asistir a unha reunión informativa que tivo lugar o xoves 15 de febreiro ás 20:00 no salón de actos do IES Antonio Fraguas.

 

 

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos