You are hereProbas Certificación da Competencia Dixital

Probas Certificación da Competencia Dixital


By encisa - Posted on 06 Marzo 2024

 

 Accede aquí á Resolución da convocatoria e aquí á zona de información da web da Consellería de Educación sobre este tema

 

Datos máis importantes

(para acceder á información completa premer nos enlaces previos)

 

Proba para alumnado 4ºESO que queira acreditar nivel intermedio de Competencia Dixital

  • O alumnado de 4ºESO que titule obterá automáticamente o nivel “iniciación”. No caso de querer obter o nivel intermedio debe superar unha proba.
  • A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html).
  • A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
  • Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
  • A proba é gratuita e para o alumnado de 4ºESO realizarase no mes de maio (data por determinar)
  • Prazo de solicitude: 15 de marzo ata as 14:00 (modifícase o publicado na resolución)
  • Formulario de solicitude: premer aquí (presentarase exclusivamente na secretaría do centro, non por correo)

 

 

Proba para alumnado 2ºBach que queira acreditar a área de dominio 4 do nivel intermedio de Competencia Dixital.

  • A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html).
  • A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.
  • A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas.
  • A proba é gratuita e para o alumnado de 2ºBach realizarase no mes de abril (data por determinar)
  • Prazo de solicitude: 15 de marzo ata as 14:00 (modifícase o publicado na resolución)
  • Formulario de solicitude: premer aquí (presentarase exclusivamente na secretaría do centro, non por correo)

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos