You are hereAxudas: máscaras para o alumnado de ESO

Axudas: máscaras para o alumnado de ESO


By encisa - Posted on 16 Novembro 2021

Convocadas axudas para distribución gratuita de máscaras ao alumnado da ESO en función da renda no curso 2021-22.

Ao final desta noticia podes descargar a convocatoria, pero adiantamos un resumo:

 

Se tiveches "cheque de material"...

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automáticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaránse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (informarase).

 

Quen pode solicitalas...

Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, (tanto se pediu a axuda de libros ou non) e acrediten unha renda per cápita de 6.000€ anuais ou menos.

 

Tamén o alumnado matriculado en educación especial, suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis.

 

O prazo para pedilas é..

Pódese entregar a solicitude no instituto ata o vindeiro 26 de 2021 (incluido). Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas.

 

Os papeis que hai que cubrir...

Podes descargalos premendo aquíe podes entregalo no instituto, atención ao prazo límite que se indica no punto anterior.

Se tamén queres acceder á convocatoria no DOG para ler todos os detalles pulsa aquí, pero para a solicitude utiliza o formulario que está no parragrafo anterior (o que sae no DOG tiña erros).

 

Cando me dan as máscaras gratuitas...

Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. Aproximadamente na segunda semana de decembro. Anunciaremos cando chegue o momento.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos