You are hereMatemáticas do cotián por Victoria Otero

Matemáticas do cotián por Victoria Otero


By rubenlopez - Posted on 08 Febreiro 2013

O pasado 16 de xaneiro recibimos a visita da decana da facultade de matemáticas, Victoria Otero, para falar das Matemáticas do cotián. A charla, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º BACH, pretendía dar a coñecer o traballo dun matemático. A que se dedica un matemático, unha persoa que investiga matemáticas? Victoria Otero sorprendeunos a todos ao nos explicar como un matemático pode estar metido en cousas tan cotiás como a obtención da ecuación que describe unha coleta perfecta. De entrada pode parecer que estes traballos non teñen utilidade, pero téñena. Unha ecuación que rexe o aparcamento perfecto, que podería parecer unha parvada, emprégase hoxe en día nalgúns modelos de coches que aparcan sós e nos que o usuario non ten que manobrar.

Destas e doutras cousas falounos Victoria Otero, nunha charla que recomendamos.

Etiquetas

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos