You are hereAplicación "ABALAR MÓBIL" - Nova funcionalidade de comunicación coas familias.

Aplicación "ABALAR MÓBIL" - Nova funcionalidade de comunicación coas familias.


By jmar - Posted on 28 Marzo 2014

 Dende o IES Antonio Fraguas queremos comunicar que xa está dispoñible a aplicación Abalar Móbil para os pais/nais do alumnado do noso centro. Tras varios problemas e incidencias presentadas nas últimas semanas, que retrasaron a implantación desta aplicación, na actualidade xa está totalmente operativa. Recordamos que esta aplicación permite as familias consultar as cualificacións dos seus fillos/as, consultar ou xustificar as faltas de asistencia, faltas de conducta ou ben solicitar unha cita de titoría.

 Tal e como se indicou na anterior comunicación, como requisitos, as familias deben dispoñer dun teléfono móbil que dispoñan de sistema operativo Android ou ben de sistema operativo IOS. A aplicación que xestiona a información indicada debe descargarse de Play Store (sistema operativo Android) ou de Apple store (sistema operativo IOS) a través das seguintes ligazóns:

Poden consultar toda a información relevante sobre esta aplicación a través da páxina web que a Consellería de Educación ten dentro do espazo Abalar coa seguinte ligazón:

É recomendable visionar ademais o video que explica o funcionamento da mesma e ubicado en youtube coa seguinte ligazón:

 

IMPORTANTE: Para o correcto funcionamento da aplicación Abalarmóbil, é preciso que se notifique ó centro o número de teléfono do dispositivo móbil que se vai usar para xestionar esta aplicación. É pois imprescindible que o centro coñeza o número de teléfono do dispositivo que xestiona a aplicación para poder proceder a dalo de alta. Por iso, todas as familias que desexen utilizar a aplicación Abalarmóbil deben cubrir, recortar e entregar ós titores/as dos seus fillos/as o formulario que poden descargar na ligazón que aparece a continuación.

 

Para a notificación de calquera incidencia relativa á instalación ou funcionamento desta aplicación poden enviar un correo eléctrónico a: jmar@edu.xunta.es

 

 

AdxuntoTamaño
FORMULARIO.pdf28.08 KB
Etiquetas

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos