You are hereO instituto está PECHADO ao público

O instituto está PECHADO ao público


By encisa - Posted on 15 Marzo 2020

Seguindo as ordes da actual autoridade competente durante o estado de alarma, o instituto está pechado. Aínda que entendemos que algún alumnado ten material no instituto que puidera facerlle falta, non será posible acudir a recollelo. Esta medida protexe ao alumnado, ás súas familias, aos traballadores do centro e ás súas familias. Este é o momento de utilizar convenientemente as tecnoloxías, a solidariedade e os grupos de clase para compartir o material entre o alumnado.

O profesorado está traballando dende o domicilio e utilizando medios telemáticos para comunicarse. O martes día 17 subiremos a esta páxina as instruccións para o traballo do alumnado dende casa. Cando subamos esa información, daremos instruccións tamén sobre cómo preguntar dúbidas que poidan xurdir, tanto das tarefas como do acceso á aula virtual naqueles casos en que se utilicen. 

 

Saúdos e Saúde.

Carlos Encisa

Director do IES Antonio Fraguas

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos