You are hereLetras Galegas 2020: Don Ricardo Carvalho Calero

Letras Galegas 2020: Don Ricardo Carvalho Calero


By ggprieto - Posted on 08 Maio 2020

AS NOSAS LETRAS E A NOSA LINGUA, SEMPRE!


Cada mes de maio, o noso Centro énchese de celebracións, música, teatro, poesía, cartaces…e a nosa revista XEADA, que estaría a piques de saír do prelo nestas datas, para celebrar a festa das NOSAS LETRAS. Este ano, non vai poder ser así, xa que nos tocou vivir unha situación difícil e adversa para todos os ámbitos da vida cotiá: persoal, educativa e cultural. Porén dende o IES Antonio Fraguas queremos e debemos manter vivo o espírito do 17 de maio, no que como ben sabedes conmemoramos a primeira edición dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro de 1863 e para iso convidámosvos a celebralo dende as vosas casas do mellor xeito posible, que é utilizando a nosa LINGUA en calquera circunstancia e lugar.


SUXESTIÓNS:


Para todo o alumnado: Visitade a páxina da RAG:
realacademiagalega.org e veredes entradas como “Unha palabra para Don Ricardo”, “Primavera das Letras” ou” O portal das palabras”, Web de divulgación do léxico galego.


Para os primeiros cursos da ESO seleccionamos unha serie de ligazóns con información e actividades:

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

 

 
 

 

https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY

 

https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms


Os de 4ª da ESO e Bacharelato deberiades ler a entrevista que aparece na páxina da RAG de Pilar Pallarés, escritora e docente, premio Nacional de poesía 2019, sobre a figura de Carvalho Calero.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos un maio cheo de LETRAS e SAÚDE.

Logo ENDL

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos