You are hereClases voluntarias 2º bacharelato

Clases voluntarias 2º bacharelato


By encisa - Posted on 19 Maio 2020

   


 

A reserva realízase mediante whatsapp coa dirección do centro. Para acceder ao grupo de whatsapp de reservas, contactar co/a delegado/a do grupo correspondente.

 Despois da publicación o pasado venres día 22 das instrucións relativas ao procedemento para o inicio das clases voluntarias, adicaremos o luns 25 de maio á organización das mesmas (reunións co profesorado e o alumnado, trámites das dispensas dos/as traballadores/as, adecuación de espazos, reservas do alumnado...)

 

O martes 26 de maio inician as clases presenciais voluntarias segundo o horario que se estableza e que se dará a coñecer ao alumnado por whatsapp coa dirección do centro.

 

 Tanto no acceso ao centro como para desplazarse polo interior do mesmo é obrigatorio o uso de máscara (tanto para os/as traballadores/as como para o alumnado). O alumnado poderá non utilizala cando se atope sentado na aula. O profesorado, dentro da zona de seguridade da aula.

 

 Respectaranse nas aulas as distancias de seguridade marcadas entre pupitres, e coa mesa do/a profesor/a. Non está permitido compartir material escolar. No caso de levantarse do pupitre haberá que ter a máscara posta.

 

Para poder respectar as distancias interpersoais de 2 metros, a ocupación máxima das aulas é de 9 alumnos/as e 1 profesor/a.

 

Horario especial para preparar as materias ABAU: tanto as materias obrigatorias como as optativas (materias de ponderación).

  

En determinadas situacións poderá seguirse as clases presencias tamén mediante videoconferencias. Cando exista esta posibilidade, indicarase no horario semanal.

  

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos