Skip to Content

PRIMEIROS AUXILIOS NO IES ÁNXEL FOLE

NOVA DE PRIMEIROS AUXILIOS IES ÁNXEL FOLE

O pasado venres 11 de xuño recibimos no IES Ánxel Fole unha charla sobre primeiros auxilios básicos organizada polo Departamento de Educación Física.

A actividade estivo dirixida, principalmente, ao alumnado do 1º e 2º curso da ESO e foi impartida por Jacobo, técnico da Cruz Vermella.

Ao longo das sesións, explicouse como e cando realizar a posición lateral de seguridade (PLS), como actuar ante unha obstrución de vía aérea por corpo estraño (OVACE) e como realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP), entre outros. Ademais, durante o recreo, o alumnado que así o quixo puido visitar o interior dunha ambulancia.

Dende o centro agradecemos á Cruz Vermella a súa colaboración e, especialmente, a Jacobo a súa disposición e bo trato.

Para rematar, lembramos que, como dixo Jacobo: “A peor RCP é a que non se fai”.

 

PRIMEIROS AUXILIOS NO IES ÁNXEL FOLE


image | by Dr. Radut