YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

blogue decienciasnaturais

Visita ó Pico Sacro

O 26 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica e do CM de Escavacións e Sondaxes, realizaron unha visita ó Pico Sacro  no Concello de Boqueixón.

Fixeron un roteiro xeolóxico-didactico guiados polo Xeológo Fran Canosa, que nos explicou aspectos xeolóxicos da formación do Pico Sacro, do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que atopamos.

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet