YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Blogues

Visita ó Pico Sacro

O 26 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica e do CM de Escavacións e Sondaxes, realizaron unha visita ó Pico Sacro  no Concello de Boqueixón.

Fixeron un roteiro xeolóxico-didactico guiados polo Xeológo Fran Canosa, que nos explicou aspectos xeolóxicos da formación do Pico Sacro, do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que atopamos.

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

 

VISITA EXPOSICÓN CASA DO CABILDO E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS ALUMNADO PRE1, PRE2 E PRO1

O Mércores día 10 de enero do 2024 co alumnado de PRO1 e o Xoves día 11 de Enero do 2024 co alumnado de PRE2 e PRE1 acudimos a exposición  Santiago proxectado, arquitecturas non construídas na casa do Cabildo.

Esta mostra  reúne por primeira vez en Compostela e en Galicia unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento. A exposición analiza un total de catorce proxectos que puideron supoñer unha enorme mudanza na configuración urbanística da Compostela que hoxe en día coñecemos. Algunhas destas propostas foron redactadas por grandes mestres da arquitectura do talle de Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota, entre outros. 

Tamén acudimos a visitar o Museo das Peregrinacións remodelado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

Atención á diversidade

MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

 

 

NORMATIVA:

  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación
  • Plan Xeral de Atención á Diversidade
  • Lei orgánica 8/20013 do 9 de decembro para a mellora da calidade educativa.

 

Entendemos por diversidade as diferenzas que presenta o alumnado ante a aprendizaxes escolares, diferenzas en canto: aptitudes, intereses, motivacións, capacidades, ritmos de maduración, estilos de aprendizaxe, experiencias e coñecementos previos, contornos sociais e culturais… Estes aspectos conforman tipoloxías e perfís no alumnado que deben determinar, en gran medida, a planificación e acción educativa.

Dentro desta diversidade xeral, pode que algún alumnado precise dunha atención diferente á ordinaria:

è

Por presentar n.e.e.( necesidades educativas específicas), é o alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo dela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta).

è

Por presentar dificultades de aprendizaxe.

è

Por as súas altas capacidades intelectuais.

è

Por terse incorporado tardiamente ao sistema educativo.

è

Por condicións persoais e de historia escolar.

è

Por TDAH

Para todos eles, unha vez identificadas as necesidades específicas, será preciso ir adaptando as respostas educativas dende as programacións xerais e as programacións de aula, ata aquelas outras propostas que modifiquen mais ou menos significativa mente a proposta curricular, podendo chegar a requirir propostas organizativas diferenciadas e recursos persoais de apoio máis ou menos especificados, sempre dende os principios de normalización e inclusión, é por iso, que priorizaremos as medidas ordinarias e soamente despois consideraremos as medidas extraordinarias, cando se valore e xustifique a súa necesidade.

 

MEDIDAS A SEGUIR:

 

Identificación e valoración de necesidades: A identificación das necesidades educativas do alumnado, a súa valoración e a resposta educativa constitúen procesos necesarios para adecuar as medidas e recursos educativos á diversidade. Todo isto farase a través dos seguintes mecanismos:

Na avaliación inicial realizada ao comezo de curso.

Nas xuntas de avaliación de cada trimestre.

Ao finalizar cada curso avaliarase o proceso educativo de cada alumno/a. Informe final de avaliación.

En momentos puntuais ao longo do curso, segundo as necesidades detectadas.

 

En canto a valoración das necesidades, con respecto ao alumnado:

Dificultades no desenvolvemento e afianzamento das técnicas instrumentais básicas: dificultades para extraer as ideas principais dun texto, para expresar tanto por escrito como a nivel oral, dificultades de razoamento e lóxica así como no cálculo mental.

Non adquisición de hábitos de traballo.

Deficiente organización do traballo persoal: calendario, horario diario de estudo, axenda..

Emprego dun método de estudo memorístico. Non teñen adquiridas as técnicas de traballo( lectura comprensiva, subliñado, resumo, esquema..).

Dificultades de atención.

En canto aos pais/nais:

Necesidade se supervisión dos hábitos de estudo e de organización.

Colaboración co centro para apoiar o traballo desenvolvido polos docentes.

Maior comunicación co centro educativo.

Con respecto as necesidades en relación ao profesorado:

Necesidade de coordinación do equipo de profesores/as e coa orientadora.( profesora de PT.)

Descripción das actuacións, medidas e/ou programas para atención a diversidade, en relación ás MEDIDAS ORDINARIAS: afectan a elementos non prescriptivos do currículo: Metodoloxía, secuencia dos contidos, formas de avaliar, organización da aula, agrupamentos. Non necesita autorización. Desenvolverase no contexto escolar ordinario, polo profesor/a da área, reflectirase no expediente, farase constar no informe ás familias.

u

Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado:

u

Os agrupamentos, a confección de grupos e horarios estableceranse de acordo cos principios de: normalización e inclusión, igualdade de oportunidades e non discriminación, flexibilidade, interculturalidade e promoción da convivencia.

u

Adecuación das programacións didácticas ao contorno do alumnado:

u

No mes de setembro os xefes/as dos departamentos didácticos concretarán nas correspondentes programacións didácticas os elementos establecidos segundo a normativa vixente. Así mesmo, cada profesor/a, dende a súa materia, adaptará a programación didáctica do seu departamento a cada grupo de alumnos/as en particular, unha vez realizada a avaliación inicial dos diferentes grupos, en:

Obxectivos e contidos:

  • Adecuar os obxectivos ás peculiaridades da aula e do alumnado do grupo-clase.
  • Precisar cales son os obxectivos e contidos mínimos de cada unidade didáctica.
  • Seleccionar e priorizar aqueles contidos que sexan funcionais para o alumnado.
  • Establecer secuencias de contidos que aseguren aprendizaxes básicos para todos/as e coñecementos de maior complexidade para os que así o necesiten.

Metodoloxía:

  • Pódense establecer diferentes tipos de agrupamentos dentro da aula para atender á diversidade:
  • Traballo en pequeno grupo para favorecer a relación entre o alumnado, a cooperación e a colaboración. A través desta proposta de traballo buscarase aproveitar as habilidades de cada un para o traballo en común.
  • Titorización nalgunhas actividades por un compañeiro/a da aula (aprendizaxe entre iguais).
  • Traballo individualizado profesor/a-alumno/a en momentos moi determinados e breve que favorecerán a seguridade do alumno/a.

Actividades:

  • Diferentes actividades para cada contido.
  • Actividades secuenciadas segundo a súa dificultade, cada alumno/a vai realizando unha determinada actividade e, unha vez superada, pasa ás de seguinte nivel.
  • Existencia de actividades de libre elección.
  • Actividades de reforzo: para todo o grupo como repaso ou para alumnado con dificultades de aprendizaxe, alumnado repetidor, etc.
  • Actividades de ampliación para alumnos/as avantaxados.

Avaliación:

  1. Realizar unha avaliación inicial.
  2. Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación variados.
  3. Diversidade nos criterios de cualificación (non de avaliación): traballos da aula, actitude, asistencia, notas das diferentes probas, exames…

ALGUNHAS PAUTAS PARA A MODIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:

 

1.      

Dar as datas dos exames polo menos cunha semana de antelación.

2.      

Combinar diferentes formatos de pregunta nunha mesma proba: completar esquemas, verdadeiro/falso, frases para completar etc.

3.      

Traballar, antes da proba, con mostras do formato do exame.

4.      

Realizar exames curtos e frecuentes.

5.      

Verificar que o alumnado entende as preguntas.

6.      

Dar máis tempo para a realización das probas escritas.

7.      

Facer probas orais ademais das escritas.

8.      

Cualificar tamén as intervencións orais que ten o alumno/a na clase, as veces observamos a   un alumno que cando intervén na clase faino ben, pero no exame non demostra o que sabe.

9.      

Reducir o número de preguntas por folla.

 

Calendario exames de setembro Servizos Administrativos. Curso 2016/2017

Publicados os calendarios de exames de setembro de Servizos Administrativos.

PDF

CURSO 2023-2024 MATRÍCULA FORMACIÓN PROFESIONAL

A matrícula de 2º curso da Formación Profesional é do 23 de xuño ao 5 de xullo às 14h.

Documentación:

-SOBRES: (imprimirase o que corresponda nun sobre de dimension 230x320mm)

Admon e Xestión Ordinario Admon Finanzas Adultos   Xestión Administrativa Adultos 
FPB Servizos administrativos Edif Obra Civil Ordinario Proxect Edific Adultos           Excavacións e Sondaxes Dual
RESGARDO MATRÍCULA

ANEXO I (Empregar só para admisión ao segundo curso

do réxime ordinario ou para o caso de solicitude de

matrícula en prazas liberadas)

ANEXO II (Empregar só para a matrícula de FCT e/ou

proxecto polo réxime para as persoas adultas ou para

o caso de solicitude de matrícula en módulos con prazas liberadas)

AUTORIZACIÓNS

A folla do seguro escolar recollerase en conserxería.

CURSO 2023-2024 MATRÍCULA BACHARELATO

A matrícula de bacharelato é:

1º Bach: do 23 xuño ao 7 de xullo.

2º Bach: do 23 ao 7 de xullo.

En setembro é do 6 ao 10 de setembro

Documentación:

-SOBRES: (imprimirase nun sobre de dimension 230x320mm)

1º de bacharelato 2º de bacharelato   AUTORIZACIÓNS
Sobre matrícula 1º Bac Sobre matrícula 2º Bac    

A folla do seguro escolar, para o alumnado menor de 28 anos, recollerase en conserxería

2 fotografías tamaño carnet

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Prazo de presentación de solicitudes: 05/05/2017 - 05/06/2017

+ info

Powered by Drupal - Design by artinet