VISITA EXPOSICÓN CASA DO CABILDO E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS ALUMNADO PRE1, PRE2 E PRO1

O Mércores día 10 de enero do 2024 co alumnado de PRO1 e o Xoves día 11 de Enero do 2024 co alumnado de PRE2 e PRE1 acudimos a exposición  Santiago proxectado, arquitecturas non construídas na casa do Cabildo.

Esta mostra  reúne por primeira vez en Compostela e en Galicia unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento. A exposición analiza un total de catorce proxectos que puideron supoñer unha enorme mudanza na configuración urbanística da Compostela que hoxe en día coñecemos. Algunhas destas propostas foron redactadas por grandes mestres da arquitectura do talle de Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota, entre outros. 

Tamén acudimos a visitar o Museo das Peregrinacións remodelado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

AdxuntoTamaño
WhatsApp Image 2024-01-11 at 2.22.46 PM.jpeg149.14 KB
WhatsApp Image 2024-01-11 at 2.22.47 PM (1).jpeg193.42 KB
WhatsApp Image 2024-01-11 at 2.22.47 PM (2).jpeg134.88 KB
WhatsApp Image 2024-01-11 at 2.22.47 PM.jpeg191.11 KB

Powered by Drupal - Design by artinet