Validacións

SOLICITUDE DE VALIDACIÓN:

As solicitudes de validación de estudos cursados, ou por acreditación de unidades de competencia, con módulos profesionais dos ciclos formativos, requiren a matriculación previa do alumnado. Mentres non se resolva a validación o alumnado ten que continuar asistindo a clase e mesmo presentándose aos exames.

A solicitude preséntase perante a dirección do centro educativo dentro DOS PRIMEIROS VINTE DÍAS CONTADOS DESDE O COMEZO DAS CLASES.

Para as validacións que deban ser resoltas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, o prazo de presentación de solicitudes por parte do alumnado, utilizando o modelo do anexo IV da OrdeECD/2159/20: https://www.boe.es/buscar/pdf/2014/BOE-A-2014-11987-consolidado.pdf, rematará o 15 de outubro.

Validación módulos profesionais:  https://www.boe.es/eli/es/rd/2020/12/09/1085/dof/spa/pdf Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, polo que se establecen validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional do sistema educativo español e as medidas para a súa aplicación, e se modifica o Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo. http://www.edu.xunta.gal/fp/validacion-modulos-profesionais.

Os módulos validados, segundo o artigo 3 do Real decreto 1085/2020, recollerase nos documentos académicos cada módulo profesional validado, para os efectos de cálculo da nota media do ciclo formativo de formación profesional, coa cualificación obtida pola persoa solicitante no módulo profesional cursado que conste na documentación académica correspondente.

Powered by Drupal - Design by artinet