Skip to Content

"Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans", convocado pola asociación Arelas

Con motivo da celebración do Día Internacional da Visibilidade Trans o próximo 31 de marzo, ARELAS, Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia, convoca o “Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans”, co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o apoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias transfóbicas. 

 

Dentro deste concurso, establécense dúas categorías de concurso, con dous premios: o primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.

A Primeira Categoría: concursantes ata 13 anos cumpridos.

A Segunda Categoría: concursantes de 14 anos cumpridos en adiante.

 

Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS. Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 24 de marzo ao correo infoarelas@gmail.org. Entre o 24 e o 27 de marzo as persoas participantes recibirán unha comunicación de aceptación do traballo, verificando que se axusta ás bases. A decisión do xurado farase pública o 31 de marzo .

Abaixo tedes os arquivos coas bases e a normativa do concurso.

AdxuntoTamaño
BASES.CONCURSOILUSTRACIÓNS .pdf166.19 KB
normativa-concurso-ilustracion-arelas-2024.pdf2.43 MB


page | by Dr. Radut