TRES EQUIPOS DO IES AS MARIÑAS NA FINAL NACIONAL DO CONCURSO DE XOVENES TÉCNICOS DE AUTOMOCIÓN.
Nesta 9ª edición convocáronse 6 perfís distintos: Electromecánica, Carrozaría, Pintura, Vehículo Industrial, PCPI y ACE/UFIL.
En total inscribíronse 215 equipos, 645 persoas competindo nesta edición.
A primeira fase consistiu en participar a través de internet resolvendo distintas cuestións técnicas e localizar distinta informacións nas páxinas web dos patrocinadores. En total foron catro encontros eliminatorios, e os equipos con maior puntuación pasaron a segunda fase que consiste en elaborar un traballo audiovisual sobre un tema libre relacionado co seu perfil.
Soamente os catro mellor clasificados de cada perfil, pasaron a FINAL que será presencial os días 23, 24 e 25 de maio nas instalacións de MERCEDES- BENZ de MADRID, e o noso IES estará presente en tres perfís: CARROCERÍA: Fausto Ruiz e Emilio López ,TECNOLOXÍA: Esteban Piñeiro e Fernando Pereiro e VEHÍCULO INDUSTRIAL: Manuel Espiñeira e Javier Gantes, estes son os nosos alumnos e os resultados da fase non presencial:
NORA BOA!!!!!!!
Semana Cultural 2012

Na última semana do mes de marzo imos celebrar no noso centro as actividades da décima edición da Semana Cultural, que agardamos que vos resulten interesantes e nas que vos animamos a participar activamente
Podedes ver as actividades programadas no arquivo adxunto
Entroido 2012
O venres 17 de febreiro celebraremos no noso centro as actividades de ENTROIDO, nas que agardamos que participedes activamente e disfrutedes ao máximo.
Para informarvos sobre elas e ver o programa podedes pinchar no seguinte enlace.
Podedes ver outras fotos da celebración do Entroido na Galería.
Conferencias de Francisco Anguita
O IES As Mariñas de Betanzos ofrece ao seu alumnado dúas conferencias, organizadas polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, do prestixioso Xeólogo e Vulcanólogo Francisco Anguita
Título: “ Del Big Bang al problema ecológico”
Data: venres 10 de febreiro Hora: 10:55 Dirixida: 1º Bacharelato
Título: “ Tierra, Marte y Venus”
Data: venres 10 de febreiro Hora: 12:50 Dirixida: 2º e 3º de ESO
Reserva de praza curso 2012-2013 ESO e BACHARELATO
ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADCRITOS (Oza dos Ríos, Cesuras, A Castellana):
Tríptico ESO Tríptico BACHARELATO
Deben facer reserva de praza do 1 ao 15 de febreiro
impresos
ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADCRITOS:
Deben facer solicitude de admisión do 1 de marzo ao 10 de abril
impresos
Probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional, para o ano 2012
Probas de acceso ciclos de grao superior:
- Solicitude de inscrición para as probas: entre os días 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2012, ambos incluídos
- Relación provisoria de persoas admitidas e excluídas farase pública o 7 de febreiro, e a definitiva o 15 de febreiro
- As probas de acceso terán lugar o 30 de marzo de 2012
- Os resultados das cualificación provisorias das probas publicarnse o 25 de abril, e os definitivos o 14 de maio
Probas de acceso ciclos de grao Medio:
- Solicitude de inscrición para as probas: entre os días 27 de febreiro e o 9 de marzo de 2012, ambos incluídos
- Relación provisoria de persoas admitidas e excluídas farase pública o 20 de marzo, e a definitiva o 28 de marzo
- As probas de acceso terán lugar o 25 de maio de 2012
- Os resultados das cualificación provisorias das probas publicarnse o 7 de xuño, e os definitivos o 20 de xuño
Mais información, na páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp
Patinaxe sobre xeo
O mércores 18 de xaneiro o alumnado de Bacharelato do noso centro asistiu no Coliseum de A Coruña a unha actividade complementaria, organizada polo departamento de Educación Física, na que amosou o seu equilibrio, destreza e habilidade no xeo. (Podedes ver outras fotos na Galería)

Ensinanzas de Adultos - 2º cuadrimestre - curso 11/12
- Prazo de matrícula: Entre o 10 e o 16 de xaneiro de 2012 para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre
- Actividades lectivas: As correspondentes aos módulos dous e catro impartiranse desde comezos da segunda semana do mes de febreiro ao 22 de xuño


