A Nosa Oferta






Facendo Clic aquí podes ver unha pequena presentación da nosa oferta educativa, así como algunhas das nosas instalacións
Carta Erasmus


Probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional, para o ano 2012

Probas de acceso ciclos de grao superior:


- Solicitude de inscrición para as probas: entre os días 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2012, ambos incluídos


- Relación provisoria de persoas admitidas e excluídas farase pública o 7 de febreiro, e a definitiva o 15 de febreiro


- As probas de acceso terán lugar o 30 de marzo de 2012


- Os resultados das cualificación provisorias das probas publicarnse o 25 de abril, e os definitivos o 14 de maio


 Probas de acceso ciclos de grao Medio:


- Solicitude de inscrición para as probas: entre os días 27 de febreiro e  o 9 de marzo de 2012, ambos incluídos


- Relación provisoria de persoas admitidas e excluídas farase pública o 20 de marzo, e a definitiva o 28 de marzo


- As probas de acceso terán lugar o 25 de maio de 2012


- Os resultados das cualificación provisorias das probas publicarnse o 7 de xuño, e os definitivos o 20 de xuño


Mais información, na páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp



Patinaxe sobre xeo

 O mércores 18 de xaneiro o alumnado de Bacharelato do noso centro asistiu no Coliseum de A Coruña a unha actividade complementaria, organizada polo departamento de Educación Física, na que amosou o seu equilibrio, destreza e habilidade no xeo 


Ensinanzas de Adultos - 2º cuadrimestre - curso 11/12

- Prazo de matrícula: Entre o 10 e o 16 de xaneiro de 2012 para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre 


- Actividades lectivas: As correspondentes aos módulos dous e catro impartiranse desde comezos da segunda semana do mes de febreiro ao 22 de xuño






Prazo de admisión para o alumnado de Ciclos Formativos

 O prazo de solicitudes de admisión para ciclos formativos é do 17 de xuño ao 4 de xullo ás 13 horas.


CICLOS OFERTADOS NO IES AS MARIÑAS:


Ciclos Medios:


·         Electromecánica de Vehículos Automóbiles


·         Xestión Administrativa


·         Instalacións Eléctricas e automáticas


Ciclos superiores:


·         Sistemas Electrotécnicos e Automatizados


·         Automoción


·         Proxectos de Edificación


·         Administración e Finanzas 


Premio para un proxecto de cooperativa presentado polo alumnado do IES As Mariñas

 O grupo de alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES As Mariñas formado por:
-
Francisco Pablo Saya Carro
-Ana Rio Iglesias
-Pilar Cañas Capelas
-Elisabeth Victoria Hernández Solis


 acadaron un accésit no Concurso de  Proxectos Empresariais Cooperativos, organizado polo Consello Galego de Cooperativas. O premio conseguírono co proxecto: “Apenatur Sociedade Cooperativa”. 


NORABOA!! 



Acto de graduación 2010-2011

O pasado venres día 27 de maio celebrouse no IES As Mariñas o acto de graduación dos alumnos de Segundo de Bacharelato. 


            


Probas libres de Ciclos Formativos extinguidos

De acordo coa orde do 22 de xuño de 2010 abrese o prazo de matrícula da segunda convocatoria que será entre os días 10 e 20 de maio.



Distribuir contido