Skip to Content

Charla cultural en Inglés

O alumnado de 1º, 3º e 4º PDC  desfrutou dunha charla cultural lúdica, en inglés, sobre países de fala inglesa.

A actividade foi impartida na biblioteca por un profesor nativo da editorial Burlington Books.

 

Entroido no IES de Barro

O venres 9 de febreiro celebramos no IES de Barro a festividade do entroido. Para iso realizamos varias actividades como concurso de disfraces, taller pintamáscadas e pintacaras e concurso de sobremesas de entroido, que o alumnado tivo a oportunidade de degustar.

Visita ó Parlamento de Galicia e á Catedral de Santiago de Compostela

No día 7 de febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Barro realizou unha actividade complementaria consistente nunha saída á cidade de Santiago de Compostela. Na mesma, puideron coñecer as funcións, o funcionamento e o interior do edificio do Parlamento de Galicia, onde se realizou unha visita guiada. Con posterioridade, percorreuse o casco histórico da capital, explicando os puntos máis relevantes e coñecendo o exterior e o interior da Catedral de Santiago.

A continuación poden ver algunhas imaxes da actividade:

 

Visita a Meteogalicia

O mércores 7 de febreiro, 38 alumnas e alumnos de 1º de ESO visitaron as instalacións de Meteogalicia en Santiago de Compostela.

A visita desenrolouse en dúas fases, ó principio explicáronlles os parámetros dos que se están recollendo datos permanentemente, con que aparellos se miden estes parámetros, como se fai o mantemento das instalacións meteorolóxicas,...etc.

Na segunda parte ensináronlles como a partir das medicións anteriores se facían as predicións meteorolóxicas.

A continuación poden ver algunhas fotos da visita:

Carreira solidaria en favor de Save the Children

O alumnado de 4º PDC coa súa titora Elena e a colaboración dos profesores de EF do IES de Barro e o CEIP Amor Ruibal, organizaron con éxito unha carreira solidaria o 30 de xaneiro en conmemoración do Día da Paz, na que recolleron fondos para doar á ONG Save the Children.

Para iso, contactaron co Concello de Barro e empresas da contorna en procura de doazóns para levar a cabo esta actividade e realizar unha doazón das aportacións económicas recibidas.

Unha vez rematado o prazo para a recepción de doazóns, o importe recollido foron 685 euros que foron depositados íntegramente no peto solidario que creou a ONG para esta actividade.

Queremos agradecer a colaboración do CEIP Amor Ruibal, que recolleu 303 euros procedentes de doazóns das familias, do Concello de Barro, que atenderon todas as peticións que lles fixemos chegar, Protección Civil de Barro e todas as empresas colaboradoras, entre as que se atopan as seguintes:

- Panadería Pasarín.

- Bar Plaza.

- Bar A Rula.

- S.F. Automoción.

- DiFlor.

- Supermercado Atlántico.

- Supermercado Dia.

- Agrocampo.

- Frutas Moncho.

- Farmacia Mª José Matovelle Gómez.

- Intersport.

- Panadería Oscar y Silvia.

- Temple Gym.

- Carnicería San Marco.

 

A continuación deixamos unhas imaxes da actividade:

Obradoiro sobre a problemática de especies de flora exótica invasora

O alumnado do IES de Barro está realizando esta semana un obradoiro ambiental sobre a problemática das especies de flora exótica invasora, realizadas pola asociacion Amabul e financiadas pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O BACHARELATO (CURSO 2024-25)

Informámoslle de que está aberto o procedemento de admisión do alumnado para o Bacharelato no curso 24-25.

 

A admisión no bacharelato faise en dúas fases:

 

1º -  Reserva de praza no centro ao que estamos adscritos que é o IES Xunqueira I. O alumnado interesado en ir a este instituto terá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para presentar cuberta a solicitude de reserva. Entregarán a solicitude no centro no que está matriculado, é dicir, preséntana no IES de Barro. Poden descargar aquí o documento.

 

2º - Solicitude de admisión: cando o alumnado quere facer o bacharelato noutro centro que non sexa a Xunqueira I, terá que presentar unha solicitude de admisión no prazo do 1 ao 20 de marzo, e entregarana no instituto que poñan en primeiro lugar. Poden descargar aquí o documento.

 

Para calquera dúbida poden contactar coa oficina do centro.

 

Un saúdo.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Obradoiro de reciclaxe. Aprende con Sogama!

O venres 19 de xaneiro o alumnado do IES de Barro participou no obradoiro de reciclaxe "Aprende con Sogama!", no que tiveron a oportunidade de coñecer o procedemento de xestión de residuos así como o lugar no que depositalos en función da súa natureza.

1ª Sesión de traballo dentro do programa Edureferentes

O luns 15 de xaneiro realizamos o primeiro obradoiro de traballo do programa edureferentes.

 

Nesta sesión, Dona Marina Varela Durán, xefa do servizo de anestesioloxía e reanimación no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, e Dona Ana García Cabado, investigadora senior e Responsable da División de Seguridade Alimentaria de Anfaco-Cecopesca faláronnos da súa experiencia persoal e a súa labor no día a día.

 

Unha gran experiencia para o noso alumnado.

O alumnado do IES de Barro visita o Cine Avenida de Caldas de Reis

Todo o alumnado do IES de Barro asistiu o xoves 21 ó cine Avenida de Caldas de Reis a ver a película Campeonex.

 

Agradecemos e valoramos o seu exemplar comportamento nesta actividade!

O alumnado gañador recibe un exemplar de "As verbas que contan"

O alumnado do centro, gañador do concurso de relatos e haikus no curso 2022-2023. reciben un exemplar de "As verbas que contan" onde están publicadas as súas obras.

O alumnado participante nos concursos do Samagosto recibe o seu agasallo

O alumnado participante nos concursos levados a cabo no Samagosto recibiron o seu agasallo por participar, un bono para ir ó cine.

 

Esperamos que o desfruten!

Obradoiro "Xestión emocional positiva dende as familias"

O luns 11 de decembro levouse a cabo a segunda sesión de traballo dentro da escola de familias na que se realizou o obradoiro "Xestión emocional positiva dende as familias", coa colaboración do Concello de Barro e o programa local de prevención de condutas aditivas.

 

Agradecemos a participación e a disposición de familias, e poñerémonos en contacto para futuras sesións de traballo.

Nova lectura de Banda Boom

Despois do éxito da primeira lectura, o alumnado participante no clube Banda Boom comeza a ler xa o segundo cómic co que traballarán no clube de lectura.

- Engurras, de Paco Roca para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

- La batalla de Rande, de David Braña e Pablo Prado para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

 

Estamos encantados co interese e implicación coa que o noso alumnado está traballando.

Bota a andar Banda BOOM, o clube de lectura do IES de Barro

O alumnado participante no clube de lectura Banda Boom está comezando coas primeiras lecturas. 

A petición delas e deles, e polo gran entusiasmo e interese que están amosando. comezaremos o luns coa primeira xuntanza.

 

O IES de Barro é un dos 20 centros educativos selecionados en Galicia para participar no programa EDUreferentes

O alumnado do noso centro participará no programa EDUreferentes 23-24 co que se pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina e fomentar así de xeito transversal a igualdade.

 

Visita do alumnado de 4º de ESO ó Parque Eólico Experimental de Sotavento

O alumnado de 4º de ESO viaxou o luns 13 de novembro a Xermade (Lugo) para visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento, nunha actividade que lle permitiu coñecer de primeira man o proceso de obtención de enerxía eléctrica con fontes de obtención renovables.

Obradoiro "unha visión de xénero"

O alumnado do IES de Barro participou o xoves 9 de novembro nun obradoiro solicitado polo equipo de Normalización Lingüística e organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Visita do alumnado do IES de Barro á exposición 15 Visións

O alumnado do IES de Barro tivo a oportunidade de visitar o venres 10 de novembro a exposición "Express-Arte" organizada pola concellería de Muller e Igualdade do Concello de Barro, levada a cabo no salón de actos da biblioteca municipal.

 

Esta exposición, que ten por nome 15 visións, foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e está creada no marco da inserción laboral para vítimas de violencia de xénero. Trátase de 15 fotografías de Juan Rivas que recrean obras de arte de artistas de primeira orde internacional, tales como J. Vermeer, Caravaggio, Delacroix, Berthe Morisot, Leornardo da Vinci, K. Rozumov, Tissot, Sandro Boticelli e Francisco de Goya, entre outros.

Charla sobre doazón e trasplante de órganos

Hoxe visitáronos Paula Boga, Coordinación autonómica de trasplantes de Galicia e Carlos, trasplantado de fígado, para charlar da importancia dos trasplantes.
 
Paula explicóunos que son os trasplantes, quen pode doar, que se pode doar e os tipos de trasplantes que existen e Carlos falounos das vivencias dunha persoa trasplantada: cando che diagnóstican a enfermidade o tempo de espera na lista de trasplantes, a chamada de que hai un órgano compatible e o tratamento posterior ao trasplante.
 
Moitas grazas polos vosos testimonios e recordade que España leva sendo líder mundial en trasplantes de órganos máis de 30 anos.
 

Concurso de cabazas

Outra das actividades que se levaron a cabo o venres 27 de outubro foi o concurso de cabazas. Contamos con catro participantes que elaboraron unhas propostas que amosan un gran traballo pola súa parte. A gañadora foi Sabela García de 1º de ESO.

A continuación poden ver as cabazas participantes:

Concurso de doces de Samaín

O venres 27 celebramos o xa tradicional concurso de doces de Samaín do IES de Barro. Contamos cunha gran participación, todas elas de moi bo aspecto. A gañadora foi Saray Gómez de 4º de ESO. Deixamos imaxes de algunha das propostas.

Samagosto 2023

O venres 27 celebramos no IES de Barro a festividade do Samagosto. Ante a imposibilidade de asar castañas, o bar Plaza obsequiounos cun chocolate que acompañamos de doces e boliños de chourizo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Segundas sesións formativas do Plan Director

O alumnado de 1º e 2º de ESO participaron o 17 de outubro nas segundas sesións formativas do Plan Director na que se abordaron asuntos de gran importancia como o acoso escolar, adicións a videoxogos e apostas, violencia machista e ciberseguridade.

Visita ó centro da nosa ex alumna Lucía Pérez

O departamento de Lingua Inglesa organizou unha actividade para 3º e 4º de ESO na que a nosa ex alumna Lucía Pérez Moretti, becada da fundación Amancio Ortega no curso pasado, nos falou da súa experiencia en Toronto e aconsellou ó alumnado do centro solicitante desta beca no presente curso.

 

Moitas gracias por compartir con nos a túa experiencia, Lucía!

Caderniños de traballo para o curso 2023-2024

Formación sobre enerxías renovables

O alumnado de 1º de ESO realizou unha formación sobre enerxías renovables onde coñeceron os procedementos de transformación de enerxía así como as vantaxes e inconvintes das distintas fontes de enerxía, tanto de xeito teórico como práctico.

Visita a Edugal

O alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de visitar o venres 6 de outubro Edugal, onde amosaron un gran interese sobre a oferta formativa que se promocionaba.

SAMAGOSTO 2023

Concurso para a selección dun logo para o IES de Barro

Publicado o concurso para a selección dun logo para o IES de Barro.

 

A candidatura seleccionada recibirá un lote de material escolar. A entrega do premio realizarase o 27 de outubro.

 

Animamos a todo o alumnado a participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut