Skip to Content

Secretaría

Axudas para material escolar. Curso 2024/2025.

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

 

PARA

 

O CURSO 2024/2025

 

(ORDE do 7 de maio de 2024 publicada no DOGA do 20 de maio de 2024)

 

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado

matriculado en ESO será a seguinte:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

 

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a

10.000 €: 60 €.

 

Prazo de presentación:ata o día 21 de xuño de 2024.

Lugar de presentación: Presencialmente no IES de Barro ou tamén por

vía electrónica na páxina www.edu.xunta.gal/fondolibros.

Documentación para a presentación presencial no centro:

  • Solicitude (Anexo I e anexo II)

     

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

    En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

    Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    1º. Certificado ou volante de convivencia.

    2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

     

  • Outros certificados que xustifiquen algunha outra circunstancia (situación de violencia de xénero, acollemento ou tutela da xunta)

     

  • Os DNI e as declaracións da renda NON hai que presentalas se se asina autorizando a comprobación de datos telemáticamente.

     

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás sentenza de separación posterior pero se atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, e nos casos de violencia de xénero.

 

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros ou na oficina do IES

(886159216)

Ampliación de prazo para solicitar a acreditación das competencias dixitais de antigos alumnos/as

Amplíase ata o 7 de xuño o prazo para  solicitar a acreditación das competencias dixitais das persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos 2021/22 ou 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos segundo a Disposición adicional segunda da Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Publicada resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que dita unhas instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado.

 

 Niveis de competencia que se poderán obter na ESO:

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

O alumnado matriculado en 4º de ESO poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

 

 Proba específica para obter o nivel intermedio:

A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas, de diferente complexidade e tipoloxía, referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).

Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

 

 Inscrición á proba:

Poderase presentar a solicitude, debidamente asinada por pai/nai ou titor/a, na oficina do IES de Barro ata o 15 de marzo.

A proba realizarase no mes de maio dentro do horario lectivo.

 

 Acreditación para o alumnado que rematou no 2021/22 e 2022/23:

As persoas que obtivesen o título de ESO nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderá solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de ESO.

Cada curso académico no programa E-Dixgal debe corresponder cun curso diferente da etapa de ESO (1º, 2º, 3º ou 4º).

As persoas que desexen solicitar a acreditación das competencias dixitais dirixirán unha solicitude entre o 2 e o 15 de maio de 2024.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Oferta de prazas e vacantes dispoñibles:

 

Curso Prazas por curso Permanencias Solicitudes de reserva Solicitudes de reserva asignadas Vacantes
1º ESO 60 0 32 32 28
2º ESO 60 44 0 0 16
3º ESO 60 37 0 0 23
4º ESO 30 22 0 0 8

Admisión do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Amor Ruibal

Todo o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Amor Ruibal que presentou solicitude de reserva de praza no IES de Barro foi admitido.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O BACHARELATO (CURSO 2024-25)

Informámoslle de que está aberto o procedemento de admisión do alumnado para o Bacharelato no curso 24-25.

 

A admisión no bacharelato faise en dúas fases:

 

1º -  Reserva de praza no centro ao que estamos adscritos que é o IES Xunqueira I. O alumnado interesado en ir a este instituto terá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para presentar cuberta a solicitude de reserva. Entregarán a solicitude no centro no que está matriculado, é dicir, preséntana no IES de Barro. Poden descargar aquí o documento.

 

2º - Solicitude de admisión: cando o alumnado quere facer o bacharelato noutro centro que non sexa a Xunqueira I, terá que presentar unha solicitude de admisión no prazo do 1 ao 20 de marzo, e entregarana no instituto que poñan en primeiro lugar. Poden descargar aquí o documento.

 

Para calquera dúbida poden contactar coa oficina do centro.

 

Un saúdo.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

Plan Dixital do IES de Barro para o curso 2023-2024

Tras a súa aprobación no Consello Escolar, no seguinte enlace poden consultar o Plan Dixital do IES de Barro para o curso 2023-2024.

Normas de Organización e Funcionamento do Centro

Tras a súa aprobación no Consello Escolar, poden consultar no seguinte enlace as NOFC do IES de Barro.

Programación Xeral Anual do IES de Barro. Curso 2023-2024.

No seguinte enlace poden consultar a PXA do IES de Barro para o curso 2023-2024.

Caderniños de traballo para o curso 2023-2024

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

 

 

OFERTA DAS PRAZAS DISPOÑIBLES

1º ESO........... 60 prazas (6 reservadas para apoio educativo)

2º ESO........... 3 prazas

3º ESO........... 26 prazas

4º ESO .......... 7 prazas

 

 

 

RESERVA DE PRAZA: Unha vez rematada a tramitación da reserva de praza do centro de adscrición informamos que TODO O ALUMNADO DO CEIP AMOR RUIBAL QUE PRESENTOU A SOLICITUDE DE RESERVA FOI ADMITIDO E OBTIVO PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO.

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Prazo de presentación: DO 1 AO 21 DE MARZO, ambos incluídos.

Pódese presentar por vía electrónica na aplicación admisionalumnado ou cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial no centro que se elixa en primeiro lugar.

A solicitude será única.

No caso de separación ou divorcio requírese a sinatura das dúas persoas titulares da patria potestade.

Descargar aquí a solicitude:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut