NOVAS

 

 

FINAL DE CURSO

.- Calendario de actuacións docentes e administrativas para final de curso: 2º Bacharelato (ordinaria) (exames e recuperacións finais)

.- Calendario de actuacións docentes e administrativas para final de curso: 2º Bacharelato (extraordinaria) - 1º bacharelato (ordinaria e extraordinaria) - ESO 

Exames avaliación extraordinaria 2º BAC

 

RECLAMACIÓNS

REFERENCIA LEGAL 

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro de, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro de, polo que se establecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

 

Modelo de reclamación contra ás cualificacións finais ante o centro

Modelo de reclamación contra  ás cualificacións finais ante a Xefatura Territorial

 

ABAU 2024, información do departamento de orientación

 

TITORAXUDANTE

Como estratexia de mellora da convivencia no centro, iniciamos o programa de titorización entre iguais baixo o nome TitorAxudante.

Neste curso o alumnado de 3° da ESO titorizará ao alumnado que comezou estudos de 1º ESO co obxectivo de crear un clima de convivencia axeitado e así previr o acoso escolar.

Despois das xornadas de formación, coñecéronse esta semana para comezar a súa andaina xuntos.

OUFF ESCOLA PREMIA UNHA CURTAMETRAXE DO IES BREAMO

A produción audiovisual do IES Breamo, Na biblioteca hai moita vida, faise co premio ao mellor guión no Certame Internacional de Cinema OUFF Escola ao que presentaron traballos de máis de 2.000 escolares de toda Galicia. 

Poida que moitos de vós pensedes na biblioteca como un lugar aburrido repleto de obxectos inertes moi ben colocadiños nos seus andeis... Eu tamén pensaba así ata que un día quedei durmida e esquecida nun curruncho da biblioteca.

Esta ficción fantasmagórica baseada en feitos librescos pódese visualizar no canal de YouTube do IES Breamo

Esta mesma obra recibiu a finais do pasado mes de maio o premio especial OLLOBOI

Parabéns para o equipo Equipo da Biblioteca e ao Club de Lectura.

Felicidades tamén para Bizarre Memories (que se presentou tamén ao certame), unha pequena curtametraxe creada por alumnado de 4° ESO do IES Breamo, nas clases de música e inglés no curso 22-23. Emociónate, reflexiona sobre a perda, a ansiedade e o bloqueo provocado por unha situación límite e o gran valor da amizade. 

 

O IES BREAMO SÚMASE AO PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA "CLUB DE CIENCIA"

O IES Breamo é admitido para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia”.

Cunha metodoloxía baseada na indagación e a aprendizaxe colaborativa traballarase co fin de mellorar as competencias dixitais e científico tecnolóxicas do alumnado.   O proxecto para este curso 2023-24 dará oportunidade ao alumnado de resolver curiosidades e dar resposta a problemas relacionados coa creación de APPs (información turística de Pontedeume para persoas con discapacidade visual), creación dunha canle científica no centro (CienciaBreamoTV), deseño de itinerarios acuáticos e programas de actividades de educación ambiental en colaboración co Club Náutico Firrete (ecosistema fluvial e do litoral mariño )...

 

 

 

MAGOSTO NO IES BREAMO - 31/10/2023

Degustación de castañas, música e xogos tradicionais. Así celebramos hoxe o Magosto no IES Breamo. O noso agradecemento para a Unidade Veciñal Olmo por asar as castañas, que estaban ben ricas!

LET´S CHAT 2023

O Departamento de Inglés do IES Breamo organizou un ano máis unha serie de charlas para o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. A finalidade é ofrecerlle ao noso alumnado un achegamento aos países de fala inglesa e as súas costumes dun xeito ameno coa intervención dun relator nativo.

 

SAMAÍN 2023

O IES Breamo celebrou este ano o SAMAÍN baixo a temática do afundimento do Titanic.

Despois da benvida, con berros e algunha risa incluída, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.

VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITA AO MUNCYT - 24/10/2023

O alumnado de 4 ESO (grupos A e B) desprazouse hoxe ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas (escalada no rocodromo de Riazor) e ampliar coñecementos sobre as materias STEM no MUNCYT.

INTERCAMBIO MORLAIX

Do 14 ao 21 de outubro tivemos a sorte de ter con nós ao alumnado francés de Morlaix (dos centros Saint-Joseph e Notre Dame du Mur), acompañados de dúas das súas profesoras.

Durante esta semana, realizaron diferentes actividades cos seus “correspondants”, entre elas, asistencia ás clases no IES Breamo, visita das diferentes dependencias do centro (Polos Creativos, biblioteca, ximnasio...), visita de Pontedeume, visita á granxa ecolóxica de Xanceda, desprazamento ata a Casa do Mel (A Capela), o paseo polas cidades de Santiago, Coruña e Ferrol...

Desde o IES Breamo consideramos que os intercambios lingüísticos son a forma máis eficaz de que o alumnado poña en práctica o aprendido no centro e non só iso, senón tamén que sexan quen de derribar as barreiras lingüísticas e culturais para poder coñecer o mundo por si mesmos, como así o fixeron durante a súa estadía en Morlaix e tamén durante a recepción do alumnado francés.

ESTAMOS DENTRO!

Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.

Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.

Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 

 

PREMIOS PARA ARJÉ TEATRO NO XXIV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Onte, 16 de xuño, celebrouse no teatro Colón na Coruña, a gala de clausura e entrega de premios do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, que ten como obxectivo ser unha festa de homenaxe á cultura teatral da nosa provincia e, ademais, ser o acto de entrega de premios ás obras, actores e actrices participantes con mellor valoración por parte do xurado.

Premios para Árjé Teatro pola súa obra “A raíña sen trono”:

Mellor obra categoría xuvenil

Mellor dirección artística

Mellor actriz/actor principal: Mencía Platas Varela

Mellor actriz secundaria: Eva Martínez Miguélez

Parabéns para o seu director, Javier de Melo, e para todo o elenco de actores e actrices. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer