Iniciar sesión |
Gañadores dos concursos de Lingua Castelá
CATEGORÍA 1º Y 2º DE ESO:
Enviado por admin en Mér, 2012-05-02 20:51. categories [ ]
Premio en Tíralle da LinguaDúas alumnas de 2º de Bacharelato do IES Breamo gañaron o 1º premio na súa categoría na final do XII Certame Oral: Tíralle da Lingua. Laboura destacada de todos os participantes Máis información no blog As Gabarras
Eva Veiga no BreamoA xornalista e poeta Eva Veiga, alumna da primeira promoción do noso instituto, visitou o IES Breamo e faloulle de poesía ao alumnado de 1º de Bacharerato na semana do libro.
Celebramos o Día do LibroPor mor da celebración do Día do Libro o 23 de abril, esta semana hai un Rastro de libros no instituto durante os recreos para financiar a viaxe de 3º de ESO a Madrid
Ademais mañá martes estará Eva Veiga, ex-alumna do centro, para falar de poesía co alumnado de 1º de Bacharelato. (tes máis información no blog As Gabarras) Para rematar a semana, o venres ás 11:20 no Salón de Actos, entregaranse os premios do concurso de redacción organizado polo departamento de Lingua e Literatura Castelá. Saída a SantiagoO alumbado de 2º de ESO e 4 alumnos de 2º Bac (Arte) foron onte a Santiago de Compostela a ver as cubertas da catedral e o parlamento. Aquí tedes unha imaxes:
Enviado por admin en Sáb, 2012-04-14 10:29. categories [ ]
Saída a La Voz de GaliciaTedes aquí unha recopilación de fotos da saída de alumnos e alumnas de 2ª de ESO ás instalación de La Voz de Galicia
Enviado por admin en Sáb, 2012-03-17 10:40. categories [ ]
Aviso inscripciónAberto o prazo de admisión para novo alumnado da ESO e Bacharelato, dende o 1 de marzo atá o 10 de abril de 2012. As instancias para a solicitude de praza recolleranse e entregaranse na secretaría do centro
Enviado por admin en Ven, 2012-03-02 08:06. categories [ ]
ActividadesUn grupo de alumnos e alumnas do Collège Clemence Isaure de Toulouse visítanos esta semana. A nosa benvida para eles e acompañantes, desexando que pasen uns agradables e fructíferos días entre nós. Ademais un grupo de alumnado do centro está pasando uns días en Finlandia dentro dun Proxecto Comenius. Aquí os temos nunha imaxe da súa viaxe.
Enviado por admin en Ven, 2012-03-02 07:59. categories [ ]
Orientación escolarNovidade: Pulsando no seguinte enlace podedes descargar (download) o novo programa de Orientación para o curso 2011/2012
Enviado por admin en Ven, 2012-01-27 18:42. categories [ ]
Actividades variasO alumnado do IES Breamo segue co seu programa de actividades. O pasado venres 13 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato visitou o campus de Ferrol dentro do programa “Visita o teu campus, o teu futuro” como podemos ler nesta nova do Diario de Ferrol ou nunha reseña de La Voz de Galicia Ademais o alumnado de 3º de ESO visitou o pasado xoves o parque eólico de Sotavento. Na súa páxina quedou constancia gráfica da visita.
Enviado por admin en Mar, 2012-01-24 09:29. categories [ ]
|