Skip to Content

Visita de alumnado e profesorado do Nepean High School, de Ottawa, Canada (28 de febreiro ao 13 de marzo)

Entre o 28 de febreiro e o 13 de marzo estiveron no noso centro 10 alumnos e 3 profes do Nepean High School, de Ottawa, Canada, dentro dun intercambio escolar.

Ademáis de coñecer o Centro, e convivir coas familias do noso alumnado (das que marcharon encantados), tiveron ocasión de disfrutar coas celebracións do Entroido.  Participaron nas nosas clases (un agradecemento a todo o persoal do centro) e visitaron Noia e a sua contorna, Santiago (catedral, casco vello e Museo do Pobo Galego), A Coruña (Domus, Aquariun Finisterrae, Torre de Hércules...) entre outros sitios de interés.  Tamén participaron nun percorrido por Fisterra, Ézaro, Carnota, lagoa de Louro e porto de Muros, xunto co profesorado grego implicado no Comenius Regio que estamos a levar a cabo.



page | by Dr. Radut