Skip to Content

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Calendario de exames de setembro

No seguinte enlace tedes as datas e horas de realización dos exames de setembro.

Libros de texto para o curso académico 2014-2015

No seguinte enlace podes acceder á relación de libros de texto que se van a utilizar no vindeiro curso académico 2014-2015. Aquelas materias que non figuran no listado, non precisan de libro de texto e os sinalados con asteríscos, non debes mercalos ata falar co profesor ou profesora que imparta a materia. Saúdos

Matricula para o curso académico 2014-15

Pica no seguinte enlace para acceder aos PRAZOS DE MATRÍCULA para o vindeiro curso académico 2014-15.

Así mesmo, para formalizar a túa matrícula, debes coñecer a DOCUMENTACIÓN QUE DEBES APORTAR

Axudas para adquisición de libros de texto para o curso 2014-15

Podedes ollar a recente Orde do 28 de maio de 2014 onde se establecen as axudas para a adquisición de libros de texto, pero tede coidado cos reducidos prazos que fixa:

Para o alumnado que se matricule en xuño: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

Para o alumnado que se matricule en setembro: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.

Encontro en Grecia

A última semana de xuño, dentro do proxecto europeo Comenius Regio no que está a participar o instituto xunto con outras institucións galegas (consellería, parlamento e asociación BBT "o Treito"), unha delegación nosa visitou a prefectura grega de Magnesia. En concreto, fomos recibidos polos colegas gregos na cidade de Volos aínda que a maior parte do encontro tivo lugar na fermosa illa de Skiathos. Realizamos avances no proxecto que compartimos con eles e quedamos encantados coa excelente acollida que recibimos dos aprezados anfitrións. 

Con-certo entusiasmo podemos cambiar o Mundo!!!

O día 20 de xuño, as dúas últimas horas do curso, coincidindo co remate das clases, o grupo da Rede Solidaria do instituto organizou un concerto para todo o alumnado.

Invitaron a "Meridiano Zero" un grupo de rock formado por alumnos e exalumnos do centro. A participación 

Concerto entusiasmo

desinterasada dos seus compoñentes axudou a que a recadación conseguida coa venda da fila cero (o concerto era gratuíto) fora máis elevada. O obtido foi doado integramente á ONG Miradas al mundo (para mercar zapatillas para que os nenos de Guinea Bisau poidan ir ao colexio) e a AECC Asociación española contra o Cancro. As persoas responsables destas dúas asociacións estiveron presentes no acto e agradeceron con entusiasmo as aportacións recibidas.

A actividade foi todo un éxito. Mereceu a pena o traballo de preparación do alumnado e profesorado integrante na Rede Solidaria, tanto da organización coma da explicación polas clases dos dous proxectos e do motivo do concerto.

Parque acuático de Cerdeda

O día 19 de xuño, seguindo o costume de cursos anteriores, o departamento de Educación Física organizou unha excursión ao parque acuático de Cerceda. O alumnado de 1º e 2º ESO participou case na súa totalidade, o que nos levou a ter que viaxar en dous autobuses e pedir a colaboración do departamento de Relixión.

Parque acuático Cerdeda

 

Tivemos un día moi agradable no que poidemos bañarnos e subir as atraccións sen pasar moito frío. Aproveitamos, desde as 12:30 ata as 18:45, as instalacións do parque acuático que, como se pode apreciar, estaban ateigadas de xente. O problema foron as colas, aínda que a última hora moitas persoas xa marcharan e poidemos repetir sen agardar case tempo.

Saída en bicicleta

O día 11 de xuño o alumnado de 1º de bacharelato B e algún membro de 1º bacharelato A participou nunha saída en bicicleta ata a praia de Testal. Aproveitamos para darnos un chapuzón e xogar un pouco na area. Á volta paramos na fonte da Chainza a beber e sacar unhas fotos.

Saida en Bicicleta

Rafting

O venres 30 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º ESO pudo participar na actividade de Rafting organizada polo departamento de Educación Física

         Posando ca indumentaria apropiada antes da actividade

O emocionante da actividade pódese apreciar nas seguintes fotografías

En pleno rápido

No rápido

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queredes ver máis fotos facede clic na pestana "FOTOS" na parte de arriba da páxina

Distribuir contido


by Dr. Radut