Skip to Content

PROBAS LIBRES 2022-2023

A xornada de acollemento, de asistencia obrigatoria, desenvolverase o día 5 de xuño ás 18:30 horas no salón de actos do centro. A inasistencia inxustificada a esta xornada de acollemento ou a calquera outra das partes en que se organiza a proba será causa de baixa de oficio da matrícula.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o calendario de desenvolvemento das devanditas probas no que incluímos a data da xornada de acollemento.

Calendario das probas

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU 2023

PRAZO MATRÍCULA: 18 A 22 DE MAIO 2023, VER TODA A INFORMACIÓN NOS ADXUNTOS.

PREPARACIÓN ABAU NO IES: VER HORARIO NOS ADXUNTOS

DATAS ABAU: 6, 7 E 8 DE XUÑO DE 2023, VER HORARIOS NOS ADXUNTOS.

LUGAR: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Avda. do Burgo. Campus Norte. Santiago.

Haberá bus para o alumnado do IES Campo de San Alberto con saída ás oito menos dez (7:50h) dende a porta do instituto para os dous primeiros días das probas ABAU (6 e 7 de xuño).

FINAL CURSO 2º BACHARELATO

No ficheiro adxunto pódese consultar esta información e tamén as instrucións dirixidas ao alumnado que quere presentarse ás probas ABAU.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro 10 de maio ás 18:00 horas terá lugar a xornada de portas abertas para o novo alumnado e familias. 

Esperámosvos!

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/2024

Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso 2023/2024 dentro de prazo está admitido. Pódense consultar as listaxes de admisión no taboleiro do IES.

Prazo orientativo de formalización de matrícula: última semana de xuño - primeira semana de xullo.

Os prazos exactos publicaranse na web durante o mes de xuño.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

CURSO: 2023/2024

PRAZO SOLICITUDE: 8 DE MAIO A 20 DE SETEMBRO DE 2023

MÁIS INFORMACIÓN

RECUPERACIÓN FINAL ORDINARIA PENDENTES 1º BACHARELATO

PREMIOS EXTRAORDINARIOS EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 2022/2023

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE DA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA: ENLACE

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DA ESA

Calendario da probas da avaliación extraordinaria da ESA

Probas extraordinarias ESA

Distribuir contido


by Dr. Radut