Skip to Content

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU 2023

PRAZO MATRÍCULA: 27 E 28 XUÑO 2023

DATAS ABAU: 11, 12, 13 XULLO DE 2023, VER HORARIOS NOS ADXUNTOS.

LUGAR: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Avda. do Burgo. Campus Norte. Santiago.

FINAL CURSO ESO

FINAL CURSO: 21 xuño (o alumnado acudirá ao centro en horario habitual)

PUBLICACIÓN NOTAS EN ABALAR: 23 xuño

RECOLLIDA BOLETÍNS / CONSELLOS ORIENTADORES / IMPRESO MATRÍCULA: o alumnado pode pasar o 26 xuño ás 10h pola aula de grupo do IES, onde o profesorado titor entregará os boletíns de notas, consellos orientadores e impreso de matrícula para entregar en secretaría nos prazos establecidos na páxina web

MATRÍCULA: ver prazos na páxina web do IES

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2023/2024

26 - 27 XUÑO: MATRÍCULA EN BACHARELATO

28 - 29 XUÑO: MATRÍCULA 3º-4º ESO

30 XUÑO - 3 XULLO: MATRÍCULA 1º-2º ESO

DOCUMENTACIÓN: impreso de matrícula do curso correspondente + documentos anexos ESO/BACH según corresponda (ver documentos adxuntos máis abaixo).

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DA ESA

Calendario das probas da avaliación extraordinaria da ESA

INFORMACIÓN ADMISIÓN E MATRÍCULA CICLOS MEDIOS E SUPERIORES CURSO 2023/2024

MATRÍCULA EN 1º CICLO MEDIO OU SUPERIOR

Alumnado de nova incorporación en 1º de ciclos medios ou superiores e alumnado que repite 1º curso.

PRAZO SOLICITUDES DE INSCRICIÓN 1º CURSO: do 23 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 5 de xullo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1º CURSO: as solicitudes cubriranse no asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp e entregarase na secretaría do centro para ser validada, en horario de 9:00 a 14:00h.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO 1º CURSO: as listaxes de alumnado admitido publícanse en varias quendas. A matrícula farase presencialmente no centro educativo no prazo correspondente á adxudicación.

MATRÍCULA 1º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

MATRÍCULA EN 2º CICLO MEDIO OU SUPERIOR

Todo o alumnado que promocione de 1º a 2º de ciclo ou que repita 2º debe facer matrícula en 2º.

PRAZO MATRÍCULA 2º CURSO: do 23 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 5 de xullo.

MATRÍCULA 2º CURSO: a matrícula faise presencialmente no centro educativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas nos prazos establecidos segundo a adxudicación, a documentación a presentar podedes consultala no documento anexo.

CALENDARIO PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA BACHARELATO

PREME NO FICHEIRO PDF ADXUNTO PARA VER O CALENDARIO. NO CASO DE ATOPAR ALGUNHA INCOMPATIBILIDADE (MÁIS DUN EXAME Á MESMA HORA) PODES FACERNOLA SABER A TRAVÉS DO CORREO: ies.campo.san.alberto@edu.xunta.gal

ENTREGA DE NOTAS

Os boletíns de notas para o alumnado de 1° de ciclos medios e superiores entregaranse o venres 2 de xuño ás 12:00 horas.

PARTICIPACIÓN FONDO DE LIBROS

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

 

 

EXAMES PERDA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Os exames de perda de avaliación continua desenvolveranse entre o 6 e o 20 de xuño.

Prema sobre a ligazón de cada ciclo para descargar o correspondente calendario de exames.

 CM Instalacións de telecomunicacións                        CM Xestión administrativa

 CS Laboratorio clínico e biomédico                             CS Administración e finanzas

Distribuir contido


by Dr. Radut