Skip to Content

Novo meeting en Volos (Grecia)

A primeira semana do curso (16 a 22 de setembro), dentro do proxecto europeo Comenius Regio no que está a participar o instituto xunto con outras institucións galegas e gregas, un grupo de alumnos e profesores tiveron un novo encontro cos seus colegas gregos, na cidade de Volos. A parte máis importante do encontro levouse a cabo nun albergue situado no monte Pelion, a carón de Volos. O noso alumnado merece ser felicitado, tanto polo seu comportamento como pola excelente presentación do traballo que expuxeron diante dos anfitrións.

Os profes tamén realizaron reunións de traballo entre eles para avanzar no proxecto que compartimos e como na anterior ocasión, quedamos encantados coa excelente acollida que recibimos dos aprezados amigos gregos.



page | by Dr. Radut