Skip to Content

O IES Campo de San Alberto gaña o certame de curtas de Mans Unidas

 

O IES Campo de San Alberto gaña o certamen de curtas de Mans Unidas: Clipmetrajes.

Un grupo de alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia ven de gañar a edición do Clipmetrajes a nivel galego organizado pola ONG Manos Unidas. O premio levaba aparellado unha viaxe para participar na Gala nacional en Madrid. O evento celebrouse no Cine Callao este pasado sábado 9 de Maio. Lucía Alcalde e María Creo nos dicían: "Traballamos moito e merecíamolo. Non gañamos en Madrid, pero outro ano será". 

 Nove alunmnos elaboraron dende Xaneiro ata Marzo unha curtametraje de fición co título "Apúntome". O protagonista da filme é un rapaz. Levántase pola maña, almorza e vai no coche co seu pai cara o instituto. Na radio escoitan unha noticia que lle fai deixar o móbil: 150 nenos foron asesinados nunha escola en Pakistán. Cando chega ao insti e llo conta os seus amigos, non lle gusta a resposta que obtén: "Home, eso pasa todo os días, xa sabes, neses países". Decide entón apuntarse e facer algo (podedes ver a curta e as fotos en: movienoia.weebly.com). 

O festival Clipmetraxes, este ano na súa sexta edición, ten como obxectivo concienciar sobre o problema da fame no mundo. Prémianse curtas dun minuto cunha mirada sobre un asunto nunca resolto na nosa sociedade: producimos alimentos para todos os habitantes do planeta, pero moita xente morre de fame. No festival prémianse as curtas en dúas categorias: as feitas en escolas de toda España e as producidas polo público en xeral. Gabriel Lago, alumno do proxecto e membro de equipo de iluminación, nos confesaba: "Non hai como pasear pola alfombra vermella. Sínteste unha estrela". 

 

 

  Como premio por ter gañado a nivel galego nove alumnos e dous profesores viaxaron a Madrid esta fin de semana. Aproveitaron para visitar os platós de rodaxe da serie "Seis hermanas", actualmente en emisión na primeira de TVE, pois a productora BAMBÚ ten vínculos coa vila de Noia. Martín Arufe, o alumno-actor protagonista da curta, dicía que nunca comprendera tan claramente o difícil que é facer un minuto de cine. Pero, engadía Martín, tras visitar a nave donde rodaban en Madrid: "todo o que nos explicaba o profe dos equipos en producción cinematográfica, quedoume agora clarísimo".

 

Os profes pola súa banda sinalan a importancia de sacar os alumnos do centro, "porque educar é bastante máis que aprender filosofía ou matemáticas". As excursións non son un paseo, supoñen, engaden os dous convencidos, unha oportunidade de aprender os valores esenciais da convivencia e solidaridade. Manuel Torres, sinalaba tamén que "facer cousas, non teorizar, é a clave da ensinanza ". E engadía: "o cine, ao integrar tantos traballos cun mismo fin común (sonido, iluminación, imaxe...), permite achegarnos a valores esencias de calquera actividade grupal". María Xosé Villaverde, sumabase ao engadir: "Educar é a base do noso futuro. Sen isto non somos nada".

 



page | by Dr. Radut