Skip to Content

Novas

XXII Certame Literario "Alberto Romasanta"

Ábrese o prazo para presentar os traballos para participar no XXII Certame Literario "Alberto Romasanta" que organizan os equipos de dinamización da lingua galega dos dous institutos de Noia dende hai xa 22 anos con motivo das letras galegas. Se desexas ver as bases, pica enriba do cartel. Anímate!


Videoconferencia VI día da ciencia en galego

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego, 

Cartel VI dia ciencia en galego

o mércores 4 de novembro, o alumnado da materia de Anatomía Aplicada e de Ciclo de Laboratorio, asistiu a unha videoconferencia no salón de actos do centro organizada pola Coordinadora Galega de ENDL.

Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade.

Xurxo Mariño

Relator: Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. 

Sinopse

Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Ademais de seguir a videoconferencia, tivemos a posibilidade de interaccionar a través de twitter co hashtag #cienciaengalego.

Neste momento...

Vimos de participar no Día de Rosalía organizado pola asociación cultural Barbantia na Casa da Cultura de Noia Antón Avilés de Taramancos

Estamos preparando o mes cultural.

"Do libro ás letras"

Este curso o día das letras galegas está dedicado ao escritor Valentín Paz Andrade.

Novas

Xa están editadas as novas libretiñas para celebrar o día das letras galegas.
Pódense recoller na sala de profesores, en conserxería e tamén en vicedirección.

..............................

Xa está dispoñible para toda a comunidade educativa o calendario 2011-12 do que vos adiantamos a foto de portada:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut