Benvid@s a páxina web do IES Castro da Uz

Novas de interese:

 

25/11/2014 Teatro en francés "Le tour du monde en 80 jours"

Todos os alumnos de francés do centro, desde 1º ESO ata 2º de Bacharelato, asistirán á representación de teatro: "Le tour du monde en 80 jours" de Julio Verne, no cine Alovi. A obra comenza ás 10:30 e os buses recollerán aos alumnos ás 10:10h. 

Sinopsis

Esta es la historia que cuenta la increíble hazaña conocida mundialmente que el señor Phileas Fogg realizó en el año 1872: Dar la vuelta al mundo en 80 días.

El viaje comienza a raíz de una apuesta en el Reform Club de Londres donde el millonario Sr. Fogg, desafía al resto de socios diciendo que es posible realizar esta proeza con los medios de la época.

jazx

14/11/2014 Concerto "Historia do Jazz".

Este venres o Concello de As Pontes organiza no Cine Alovi, ás 12h esté concerto para os alumnos de 1º da ESO da vila (e tamén para os de 6º de primaria). A cantante Marián Ledesma, acompañada por grandes músicos de bandas como Miki Nervio & The Bluesmakers, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres. Máis info aqui

cern

12/11/2014 Conferencia sobre o CERN

Seguindo coa programación especial da Semana das Ciencias, os alumnos de bacharelato terán unha conferencia sobre o acelerador de partículas de Xenebra, o que visitarán no mes de xuño. O relator desta charla, Nestor Armesto, é un investigador da Universidade de Santiago, que traballou alí durante varios anos.

prevencion drogodependencia

Nov-Dec 2014:  Talleres de prevención de drogodependencias

Un ano máis o Concello a través do programa "Zona Zero" ofrécenos unhas sesións para a prevención de consumo de drogas para os catro niveis da ESO.

Celebraranse maiormente nas horas de titoría dos catro grupos da ESO. Haberá tres sesións para 1º e 2º da ESO e dúas sesións para 3º e 4º ESO.

Horarios aqui

Concurso fotografico

1-10/11/2014 Concurso "Fotografía Científica"

Desde o 1 ao 10 de novembro podes presentar as túas fotografías científicas a este concurso. Haberá premios otorgados pola ANPA e as mellores serán seleccionadas para o calendario de 2015 que publicará o instituto. Anímate!!

Máis información e bases do concurso clicando aquí.

recollida alimentos

Outubro 2014 - Recollida de alimentos para o Pobo Saharaui

En colaboración cos Servizos Sociais do Concello de As Pontes participamos na campaña de recollida de alimentos para o Pobo Saharaui que organiza SOGAPS (Solidariedade galega co Pobo Saharaui) ante a chamada de urxencia alimentaria que realizaron as autoridades saharauis.

No hall do instituto hai una caixa para recoller alimentos non perecedoiros (arroz, macarróns, lentellas, aceite de oliva, atún...) xunto con productos de hixiene. Colabora!!!!!
Os voluntarios de SOGAPS pasarán a recoller os alimentos na primeira semana de novembro.

 igualdad

28/10/2014 - 18/11/2014 Proxecto "Queremos + Igualdade"

O programa "Queremos + Igualdade" impulsado polo Concello de As Pontes, contén unha serie de actuacións, que se desenvolverán en horas de titoría, nas que se convidará ao alumnado a relfexionar sobre os valores da "igualdade de oportunidades" e o "rexeitamento de esterotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres".

O programa está inclúe formación de tipo educativo-creativo, a realización de de material audiovisual e unha presentación final do videoclip musical resultado do traballo das aulas, cuxo obxectivo será o de visibilizar o aprendido polo alumnado.

Clica aqui para ver as datas das actividades.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2014

DIRIXIDO A TODOS OS SOCIOS DA ANPA.

 

A técnica será libre pero non se admiten deseños por ordenador.

 

Poden levar un texto (francés, inglés, castelán, galego)

DATA LÍMITE MARTES 2 DE DECEMBRO, NO LOCAL DA ANPA.

Distribuir contido