Skip to Content

Presentacións de orientación vocacional para familias de 3º e 4º da ESO

A presentación do Departamento de Orientación para familias con alumnado en 3º da Educación Secundaria Obrigatoria está dispoñible no enderezo https://view.genial.ly/5e81c4df3fea8d0db0dbb2ee/dossier-orientacion-3o-eso e a das familias con alumnado en 4º da ESO está publicada en https://view.genial.ly/6475adfb69a419001232fa38/dossier-orientacion-4o-eso.

Solicitude de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2023/24

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

NOTA IMPORTANTE:  o alumnado que cursará 1º da ESO no vindeiro curso 2023/24 estará incluído no progrma E-Dixgal e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto, aínda así poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos.

Presentación con información sobre a ABAU e o acceso á universidade e ciclos de FP

A presentación que elaborou o Departamento de Orientación atópase dispoñible no enderezo https://prezi.com/view/TiokIAWPMHJer5NvHQyY/. Esta dividida en tres apartados principais: información sobre a ABAU, acceso á universidade e admisión a ciclos.

 

O alumnado de 3º da ESO gaña o concurso Matemáticas na Raia 2023!

Matematicas_na_Raia

O alumnado de 3ºESO do IES Chano Piñeiro de Forcarei resultou o equipo galego gañador do concurso de resolución de problemas Matemáticas na Raia 2023, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) xunto coa Associação de Professores de Matemática (APM) de Portugal.

Axudas do Ministerio para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Vén de publicarse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2023/24, o prazo de presentación de solicitudes vai do 8 de maio ao 20 setembro de 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut