Skip to Content

Convocatoria ordinaria de matrícula para a ABAU 2023

No sitio web da CIUG está publicada a convocatoria ordinaria da Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) para 2023 xunto co calendario xeral, o horario das probas e toda a información sobre as convocatorias da Comisión Interuniversitaria de Galicia.

Convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2023/24

Bolsas do Ministerio 2023A convocatoria está dirixida ao alumnado durante o próximo curso estude en niveis postobrigatorios: bacharelato, formación profesional,

ensino universitario...

Prazo de solicitude: do 27 de marzo de 2023 ao 17 de maio de 2023.

Dispós de máis información sobre a convocatoria no sitio do Ministerio (https://www.educacionyfp.gob.es/gl/servicios-al-ciudadano/catalogo/gener...).

Apertura do prazo de admisión para o vindeiro curso 2023/24

Do 1 ao 20 de marzo permanecerá aberto o prazo para realizar a admisión de alumnado para o curso 2023/24.

Toda a información está tamén dispoñible no sitio web da aplicación da Consellaría.

Conciencia ecolóxica sobre o tratamento de lixo

Dentro do Proxecto Ríos que estamos a desenvolver no IES Chano Piñeiro, e tendo en conta a problemática que temos toda a sociedade coa cantidade de lixo que xeramos e que, nos casos nos que non se deposita correctamente nos contedores apropiados acaba contaminando as augas, o pasado martes 17 de xaneiro, un educador de SOGAMA desprazouse ao noso centro para impartir tres sesións (abarcando todo o alumnado da ESO e 1º BACH) focalizadas na correcta separación e recollida selectiva dos residuos municipais, dando ao alumnado a oportunidade de consultar as súas dúbidas ao respecto.

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, no IES Chano Piñeiro desenvolvemos un programa de actos para tomar conciencia deste problema. Realizamos un vídeo que se xunta aquí. Unha performace que representou o grupo de Teatro do IES, co alumnado de 2º da ESO de obradoiro de Teatro, e finalmente viaxamos á Estrada ao cine para ver unha película clásica sobre esta temática: "Thelma e Louise".

Distribuir contido


by Dr. Radut