Proxectos de innovación educativa
Inglés
Alumnado de Teresa Sanmartín
Como xa comuniquei ás familias por mensaxeira no espazo Abalar, todo o alumnado de 1º de ESO A e B, 3º de ESO C, 4º de ESO A e 1º de Bacharelato deberá traballar na sección online “Interactive Student” do seu libro de texto indo á páxina web www.burlingtonbooks.es/IS, onde, co seu código particular, teñen acceso a explicacións gramaticais, vídeos e unha ampla variedade de exercicios interactivos de cada unidade do libro, ben no ordenador ou no móbil (hai unha aplicación para o móbil, que poden descargar en www.burlington.es/WA, pero funciona tamén sen aplicación). O código aparece no recadro que hai na parte posterior da portada de cada Student’s Book, no apartado 4.
Ademais, o alumnado de ESO ten que seguir traballando no seu libro de exercicios (Workbook).
A petición, entrega e corrección de tarefas estase a facer polo correo inglestsm@gmail.com, e tamén a resolución de dúbidas. Por iso, agradecería que o alumnado co que aínda non puiden contactar me facilite un correo, ben propio ou da familia.
Por último, nos seguintes blogs irei engadindo material extra para cada curso: