Profesorado |
Alumnado |
Familias |
|||
blogue deadmin
Cadidaturas (Consello Escolar, 2022)
Enviado por admin o Mér, 23/11/2022 - 00:14Taller de Lettering
Enviado por admin o Dom, 20/11/2022 - 16:50
Os mércores (2.º recreo) na BIBLIOTECA
Campionato escolar de remoergómetro
Enviado por admin o Sáb, 12/11/2022 - 13:18Ao longo da mañá do martes, 8 de novembro, o pavillón do instituto acolleu o primeiro campionato de remo-ergómetro organizado polo Club do Mar para todos os centros educativos do concello de Mugardos. O alumnado participou por niveis educativos, desde terceiro de primaria ata cuarto de secundaria.
Asemade, estanse a disputar durante os recreos as probas dos Xogos Olímpicos.
Samaín 2022
Enviado por admin o Mar, 01/11/2022 - 15:02Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |
Concerto Zënzar.
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 22:47O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro.
Maremagnum (Boletín da Biblioteca e o EDL)
Enviado por admin o Dom, 09/10/2022 - 23:47Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 22:07Comezo da HORA DE LER
Enviado por admin o Sáb, 24/09/2022 - 12:00
|
Que é a HORA DE LER?
Cando?Consulta o calendario. ------------------> A primeira semana de HORA DE LER, a prImeira hora |
Folga do 23 de setembro
Enviado por admin o Xov, 22/09/2022 - 13:07NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.
Lección inaugural: Jesús Losada
Enviado por admin o Xov, 08/09/2022 - 21:52O responsable do terminal de GNL de Mugardos e do gasoducto de Reganosa, Jesús Losada, impartiu esta mañá a lección inaugural do curso 2022-2023 para o alumnado de bacharelato. Na súa exposición esbozou as liñas de traballo da empresa e as oportunidades de traballo e negocio a nivel mundial no sector enerxético. Entre elas as enerxías renovables como o proxecto en marcha da compañía para a produción de hidróxeno verde.
Para todo iso, salientou a importancia da formación e o estudo para competir no mundo laboral co valor engadido de calquera capacitación, desde a aprendizaxe de linguas ata experiencias persoais. Sen esquecerse da necesidade de manter responsablemente os valores éticos e compromiso social.
Agradecemos a Jesús Losada e mais á empresa que fixo posible a súa presenza no instituto coa que damos por inaugurado un novo curso.
Entérate Mugardos
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 22:06O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.
Excursión ao complexo acuático de Cerceda
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 21:43O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre, gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.
Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)
Enviado por admin o Ven, 03/06/2022 - 14:49No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.
Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Inscrición
Enviado por admin o Xov, 02/06/2022 - 23:54
O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.
- Menores de 16 anos.
- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.
LUGAR:
Pavillón e pista deportiva do instituto
HORARIO:
Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días
Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días
INSCRICIÓN
Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.
Fomulario de inscrición do IES de Mugardos
Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:
Graduación de bacharelato. Promoción 2020-2022
Enviado por admin o Sáb, 21/05/2022 - 13:40A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
RECLAMACIÓNS, EXPEDICIÓN DE TÍTULO E MATRÍCULA NA ABAU
Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 12:42Nesta entrada acharedes información sobre tres importantes aspectos a ter en conta unha vez superada a avaliación:
- Procedemento de reclamación das cualificacións
- Expedición do título de Bacharelato
- Matrícula na ABAU
PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS |
Ademais de solicitar unha revisión dagunha proba con explicacións do profesor/a, todas as cualificacións que consideres non axustadas a un dos seguintes supostos son reclamables:
E ademais poderás facer constar as observacións que consideres oportunas para que sexan tidas en conta na reclamación. Tamén é moi importe o prazo:
A reclamación preséntase por rexistro de secretaría cun modelo de instancia ou o seguinte formulario.
Máis información: |
EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO |
En primeiro lugar, cómpre cubrir correctamento o impreso de pagamento das taxas:
As cantidades dos importes poden ser diferentes segundo a familia:
IMPORTANTE: o resgardo de aboamento na entidade bancaria, debidamente selado, débese entregar na oficina do instituto. |
MATRÍCULA NA ABAU |
TAXAS: Efectuar o pagamento na entidade bancaria. IMPRESO: Cubrir o impreso de matrícula do xeito máis claro e limpo posible. Impreso para pre-matrícula na ABAU (presentar no instituto) |
Protocolo ABAU 2022
Modelos de exame ABAU 2022
Horario das probas
Lugar
Comisión Delegada 1142
Escola Universitaria Politécnica. Campus de Serantes. Ferrol
Transporte:
O instituto ofrece autobús desde Ares e Mugardos só para o primeiro día (7 de xuño)
Circular 2: Familias 2.º bacharelato (Final de curso e ABAU)
Enviado por admin o Mar, 17/05/2022 - 18:29Visita a centros de Formación Profesional
Enviado por admin o Mér, 30/03/2022 - 13:48O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.
CIPF Ferrolterra
CFEA Sergude
Premio concurso do entroido
Enviado por admin o Mar, 22/03/2022 - 23:48O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »