Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Lingua Galega

Canta en lingua busuu cos seus últimos oito falantes

Esta semana lemos o texto que conta a triste historia de Boa Sr, a derradeira falante da súa lingua. Igual ca ela, neste momento da historia da humanidade outros centos de culturas e linguas están a piques de extinguirse para sempre. Pero moitos destes pobos están a empregar as novas tecnoloxías para facerse oír e deixar constancia da súa existencia. Algúns, malia as cirsunstancias polas que atravesan, con moito sentido do humor. É o caso dos busuu, cuxos últimos oito falantes convidan a todo o mundo a unirse ao seu canto:

 

 

IX Certame de Relato Curto Concello de Mugardos

Consulta as bases íntegras do IX Concurso de relato curto en galego:

application/msword iconBases IX concurso relato curto.doc

RESUMO:

  • Tema libre, extensión máxima de 10 folios, en lingua galega.
  • Categoría até 18 anos.
  • Premio: bono por valor de 300 euros para mercar libros.
  • Mencións especiais con diploma e lote de libros para relatos infantís.
  • Prazo de entrega até o 19 de outubro.

Soneto para comezar un outono sen tristuras

 

Galicia é un outono puro e bon,
un río que decorre mansamente,

lume abrasador, fértil semente,
futuro presentido e en sazón.

E foi labrando o tempo-luz-paixón,
o seu ser escuro e trascendente
l
uíndo o corazón de toda a xente
e conformando a terra e o terrón.

Galicia é unha agarda moi madura
que non permite prazos, dilacións,

estancamento, freo ou coutadura.

¡Abonda xa de laios e cancións!
Non queremos ser ríos de tristura
correndo pola vida a tropezóns!

Manuel María

 

PARA 2ºESO:
Entre as palabras de significado novo, non esquezas buscar a definición de SONETO. E na redacción da descrición dunha paisaxe que non falten os adxectivos (tamén deses epítetos dos que falamos).

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Autocolante

Distribuir contido