blogue deCovadonga

FUNCIÓNS MATEMÁTICAS E ANIMAIS

Actividade en dúas fases realizada na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.
O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” na que aprenderon o que é unha función real e as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.
Xa no primeiro trimestre deste desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, expoñénciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reprducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.
No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e completada nas casas. A proposta era a seguinte:
Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función. Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.
Finalmente debían acotar a función á zona na que coincidía co corpo do animal para comprender o significado de funcións a trozos, pero non están as imaxes nesta presentación para non facela repetitiva e longa.
Con esta actividade pretendíanse introducir o significado da vectorización, esto é, substituir imaxes por funcións que logo, ao cambiar de tamaño, non perden resolución no ordenador.
Traballáronse estándares do bloque de funcións e do Bloque I: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.

MATEMÁTICAS APLICADAS I E II DE BACHARELATO E MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS DE 2º BAC

Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.

https://classroom.google.com/u/0/h

Ver titorial

Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:

rodriguez-moldes@edu.xunta.es

 

 

MATEMÁTICAS ACADÉMICAS 4º ESO

Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.

https://classroom.google.com/u/0/h

Ver titorial

Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:

rodriguez-moldes@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: POSPONSE A CELEBRACIÓN DO PI DAY

Pasou o 14 de marzo (3,14), o día de Pi sin celebración, queremos lembrar que cando a actividade lectiva se recupere, poñeremos data para os concursos previstos.

Pode ser un momento interesante para escribir o voso PiTuit e para memorizar cifras de Pi.

¡COIDÁDEVOS E MOITO ÁNIMO!

Visita de Miguel Brozos

O mércores 11 de decembro foi un día de festa para o departamento de Matemáticas porque recibimos a visita dun ex-alumno, Doutor  da Universidade de A Coruña e experto en Xeometría Diferencial: MIGUEL BROZOS VÁZQUEZ. Impartiu unha inesquecible conferencia titulada "Unha viaxe con curvas" ao alumnado de ciencias do centro e un obradoiro con materiais manipulativos ao alumnado de 4º de ESO A.  Veu acompañado do seu pai, José Brozos, que foi profesor de Ciencias no noso instituto.

Na visita ao centro lembramos momentos vividos hai anos como cando Miguel foi seleccionado como representante galego na Olimpiada Matemática Española.  Moitas grazas, Miguel.

VOTA o teu PiTuit favorito

O departamento de Matemáticas xunto cos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron por segundo ano as actividades do Pi Day. 

Para elixir aos mellores PiTuits queremos que se participe dando a opinión votando o preferido entre os 12 finalistas.  Ata o día 3 de abril recibiranse os votos a través de :

https://doodle.com/poll/269arp2a57vriqwn

 

¡¡¡  VOTA!!

 

OLIMPIADA MATEMÁTICA DE BACHARELATO

Este venres, 18 de xaneiro, foi un día moi intenso con dúas sesións de tres horas ante seis complicados problemas da Olimpiada Matemática de Galicia. A xornada completouse coa visita á Facultade de Dereito da man do profesor de Dereito Civil, Julio Iglesias,  con xantar no comedor universitario da Facultade de Matemáticas. Tamén houbo visita ao casco histórico de Santiago e á Biblioteca da Facultade de Historia e rematou a xornada nunha emocionante entrega de premios na Facultade de Matemáticas onde tocou aplaudir aos tres premiados e dez mencións de honra que destacaron entre os 105 estudantes presentados a 55 Olimpiada Matemática.

Thais Barreiro, profesora de Matemáticas, Iago Aneiros, Lara Fonte e Iria Fernández, de 1º de bacharelato

 


Con Julio Iglesias, profesor de Dereito Civil, no seu despacho da Facultade de Dereito de Santiago

PREMIADOS NO XXI CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Desde o Departamento de Matemáticas queremos compartir as imaxes da entrega de premios do disputadísimo XXI Campionato de Polinomios e dar as grazas a ANPA O Castro, ao profesor José Barcia e ao Club de Ciencias que donaron os agasallos e trofeos.

Finalistas: Hugo Rojo (1º ESO) e Diego Filgueira (2º BAC)                                                                Gañadores: Jacobo Martínez e Antón Seco (3º ESO)

 

 

 

 

 Árbitros destacados: Andrea Marcos e Sergio Fernández                                                                  Semifinalistas

 

 

Actividades do Pi Day no IES Mugardos

O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado.  No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez  de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.

O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado.  Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.

Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.

   

CANGURO MATEMÁTICO 2018

Recén rematadas as actividades do Pi Day aparece o CANGURO MATEMÁTICO, unha proba matemática na que participaron máis de 7 millóns de estudantes en todo o mundo.  Iste ano celebrouse o xoves 15 de marzo ás 16:30 e están inscritos 87 estudantes do IES Mugardos.

Nesta proba o alumnado enfréntase a un test con varias opcións e deberá coñecer como funcionan este tipo de probas para non cometer erros técnicos.

Poden consultarse as probas doutros anos en   http://www.canguromat.org.es/index.html

 

O IES MUGARDOS CELEBRA O PI-DAY O 14 DE MARZO

O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi.  Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.

En España creouse o curso pasado un comité adicado a coordinar e desenvolver accións adicadas a esta conmemoración (www.piday.es).

O IES Mugardos únese a esta celebración cun programa de actividades organizado polos Departamentos de Matemáticas e Filosofía e os Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística, que persiguen varios obxectivos orientados ao desenvolvemento das competencias educativas. O programa de actos é o seguinte:

  Programa de actividades  
 

I Campionato de Pi-memoria

Esta técnica de memorización pode resultar moi útil.

 
 

 

I Concurso de Pituit

 
 

 Gala do número Pi

 

Consulta as bases.

XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D

Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa  (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez.  É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.

XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D

Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa  (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez.  É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.

Unha lección maxistral sobre produtos financeiros

      

O temario de Matemáticas Aplicadas de primeiro do bacharelato de Ciencias Sociais inclúe no temario matemáticas financieiras no que aparecen co farragoso vocabulario deste tema para os non iniciados.  Era o momento de acudir a expertos na búsqueda de axuda.  E tivemos a inmensa sorte de contar coa ex-alumna CARMEN PARGA VILASÁNCHEZ, quen, despois de pasar polo IES Mugardos, licenciouse en ADE e na actualidade forma parte da plantilla de ABANCA na sucursal de Ares. 

Aproveitándonos do seu permiso por maternidade e de acordo coa profesora de Economía, Carmen Meiriño, pedímoslle que preparase unha lección sobre produtos financieiros para o noso alumnado.

Carme mostrou moi boas cualidades docentes e foi quen de achegar ao alumnado conceptos como préstamos personais, hipotecas, TAE... tan importantes para o futuro de calquera cidadá.

Polo seu interese chegamos a presentación de Carme esperando que se convirta nun documento útil de consulta.

Prudutos financieiros

 

   

 

UNHA LECCIÓN MAXISTRAL DE PRODUTOS FINANCIEIROS

O temario de Matemáticas Aplicadas de promeiro do bacharelato de Ciencias Sociais inclúe no temario matemáticas financieiras no que aparecen co farragoso vocabulario deste tema para os non iniciados.  Era o momento de acudir a expertos na búsqueda de axuda.  E tivemos a inmensa sorte de contar coa ex-alumna CARMEN PARGA VILASÁNCHEZ, quen, despois de pasar polo IES Mugardos, licenciouse en ADE e na actualidade forma parte da plantilla de ABANCA na sucursal de Ares.  Aproveitándonos do seu permiso por maternidade e de acordo coa profesora de Economía, CARMEN MEIRIÑO, pedímoslle que preparase unha lección sobre produtos financieiros para o noso alumnado. Carme mostrou moi boas cualidades docentes e foi quen de achegar ao alumnado conceptos como préstamos personais, hipotecas, TAE... tan importantes para o futuro de calquera cidadá.

Polo seu interese chegamos a presentación de Carme esperando que se convirta nun documento útil de consulta.

 

FINAL E ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Venres,
2 de decembro

Gran final do
XIX CAMPIONATO
DE POLINOMIOS

 

 

 

 

Video La Voz de Galicia

 

FASE FINAL DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

 

XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS. POLÍN XA NON ESTÁ SÓ!

125 participantes!!!  O campionato xigante segue a súa marcha. Xa se completou a primeira volta e estamos na repesca.  Os recreos teñen moito ambiente e hai traballo dabondo para organizar todo, menos mal que chegaron os reforzos solicitados:  xa está aquí Polina

Polina e Polín, iguais pero distintos como ten que ser!

Grata visita: TANIA VILAR

 

Tania Vilar foi unha alumna do IES que estudou Matemáticas. Na actualidade está a facer o Master de profesorado e moi prondo estará impartindo docencia.

Hoxe visitou o instituto e nos presentou un vídeo que ela realizou e que recomendamos pois é moi fermoso:

 

Tania contoulle ao alumnado de bacharelato cousas moi interesantes relacionadas cos estudos de Matemáticas e coa vida de estudante na Universidade.

¡Moitas grazas,Tania!, esperamos verte máis veces.

Na imaxe está Tania co alumnado de Matemáticas Aplicadas ás CC SS II de 2º de bacharelato.

UN XIGANTE ASOMA: O XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS

A semana próxima dará comezo o XIX Campionato de Polinomios que ten un alias: "O xigante".  O profesorado do departamento de Matemáticas e a nosa mascota, Polín, estamos preocupados e algo nerviosos.  ¡150 estudantes organizados en 75 equipos optarán ao premio coordinados por 27 árbitros!. 

 

 Todo un reto que obriga a cambios no deseño do campionato para que non se alongue demasiado no tempo.  O principal é que na maioría das partidas xogarán 3 equipos dos que so un será gañador: quen consiga o maior número de parellas despois de xogar dúas partidas.  En cada recreo haberá dúas mesas de xogo e en cada unha delas, seis xogadores e dous árbitros, en total 16 estudantes por recreo  E así recreo tras recreo.  ¡Todo un reto!. ¡Que teñamos un bo campionato!

Para practicar:  http://www.xente.mundo-r.com/tintarras/polinomios/polin1.htm

ESCALA NA ESCOLA.

IMAXES SESIÓN

 

 

 

 

 

De esquerda a dereita, Álvaro Deibe (Enxeñeiro e secretario da EUDI), José Barcia (Xefe do departamento de Tecnoloxía do IES Mugardos), José Ramón Méndez (Director da EUDI), Serafín Álvarez (Director do IES Mugardos) e Pablo Fernández (Deseñadoe industrial e profesor da EUDI)

ESCALA NA ESCOLA. UNHA SESIÓN MOI ESPECIAL

 

A 5ª sesión do Programa de Excelencia “Escala na Escola” foi realmente espectacular. Estreamos en público a impresora 3D adquirida polo instituto. Para iso contamos coa plana maior da exitosa Escola de Deseño Industrial de Ferrol (EUDI), da Universidade de Coruña, formada por Álvaro Deibe Díaz, enxeñeiro industrial e secretario da EUDI, Pablo Fernández Galdo, deseñador industrial e xefe AEVF e José Ramón Méndez Salgueiro, director da EUDI. Impartiron a sesión: “Do deseño dixital á realidad tanxible con impresión e escaneado 3D”.

A aula de tecnoloxía do IES Mugardos encheuse co alumnado habitual do programa de excelencia e con outros alumnos e profesores do IES Mugardos que descubrimos asombrados o entusiasmo, a calidade e a alegría con que se traballa na EUDI. Vimos vídeos e imaxes do traballo do alumnado desta escola, dos premios que recibiron e da implicación da EUDI no mundo industrial, especialmente no sector do automóbil.

Ademáis aprendemos do presente e o futuro da impresión 3D e recibimos obsequios de chaveiros realizados en impresión 3D co nome IES Mugardos.

Finalmente asistimos á primeira impresión da nosa  BQ PRUSA i3 HEPHESTOS, que ben podemos cambiarlle o nome polo de Eudía polo bonita e ben preparada que nos chegou.

Non temos palabras para agradecer todo o que nos aportaron José Manuel, Pablo, Álvaro e Ahitor pero esperamos que se sentiran a gusto no IES Mugardos e que se foran coa sensación de que aquí deixaron unha fonda pegada.

  
 

XOGOS DE ESTRATEXIA, a próxima sesión de Escala na Escola

ORATORIA NO PROGRAMA DE EXCELENCIA

 

ESCALA NA ESCOLA, O PROGRAMA DE EXCELENCIA DO IES MUGARDOS

O luns 1 de febreiro coa sesión “Transformando imaxes: anamorfose”, a cargo de Covadonga Rodríguez-Moldes, dan comezo as actividades formativas do Programa de Excelencia que recentemente foille concedido ao IES Mugardos.

Este programa ten tres liñas de actuación: a organización e celebración do V Premio Estudo e Deporte, a posta en escea dunha obra teatral con alumnado de 1º de bacharelato dirixida pola profesora de Música Olga Cabalar, e o programa formativo ESCALA NA ESCOLA co que se pretende darlle resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender e que consta de 14 sesións coas que se perseguen, para o alumnado de 2º e 3º de ESO participante, os seguintes logros:

·       Acrecentar e consolidar o seu afán de curiosidade

·       Darlle a coñecer e por en práctica distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais.

·       Estimulalo e apoiar o gusto por aprender.

·       Contribuír a desenvolver as súas capacidades.

·       Ampliar a súa formación con temas interesantes e motivadores que non formen parte do currículo escolar.

·       Aumentar a súa implicación nas actividades do centro.

Como novidade este ano, as sesións están abertas a calquera persoa interesada en asistir  que conte coa  autorización do profesorado responsable.

TEMAS,  PROFESORADO E DATAS

Transformando imaxes: Anamorfose

Covadonga Rgdez-Moldes

1 de febreiro

Oratoria

Telmo de Paz

15 de febreiro

Iniciación ao alemán

Olga Recio

22 de febreiro

Xogos de estratexia

Covadonga Rgdez-Moldes

29 de febreiro

Apps científicas

Profesorado invitado

7 de marzo

Gravación dun programa de radio

Serafín Álvarez

14 de marzo

Ciao, Pinocchio

Consuelo Gundín

4 de abril

Química no laboratorio

Carmen Bernabeu

11 de abril

Criptografía

Jesús Conde

18 de abril

Introdução à lingua do sul (português)

Isabel Seoane

25 de abril

Física no laboratorio

Carmen Bernabeu

2 de maio

Viaja con nosotros

Begoña Allegue e Rafael Lago

9 de maio

Obradoiro de Ética Aplicada

Ofelia Lubián

23 de maio

Obradoiro de numismática romana

Marta González

30 de maio

ESCALA NA ESCOLA. O PROGRAMA DE EXCELENCIA DO IES MUGARDOS

Escala na Escola é o nome do Programa de Excelencia concedido ao IES Mugardos para este ano 2016.  Terá tres liñas de actuación: o V Premio Estudo e Deporte, a preparación dunha obra teatral con alumnado de 1º de bacharelato a cargo da profesora de Música, Olga Cabalar e, finalmente, un programa formativo dirixido especialmente ao alumnado de 2º e 3º de ESO.

Este programa comeza o luns 1 de febreiro coa sesión: “Transformando imaxes: anamorfose” dirixida por Covadonga Rodríguez-Moldes, profesora de Matemáticas e coordinadora do programa de excelencia.

Como novedade este ano, calquera peroa interesada nas sesións poderá asistir sempre que conte coa autorización expresa do profesorado responsable. Esta autorización pode solicitarse persoalmente ou a través do teléfono do IES Mugardos.

 

Máis información nos arquivos adxuntos.

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

 Espectacular final no Campionato de polinomios

 O XVIII Campionato de Polinomios rematou a súa edición máis concurrida con 120 participantes organizados en 60 equipos e un equipo arbitral de 20 xuices que fixeron posible o bo desenvolvemento das máis de 80 partidas  celebradas durante os recreos nos meses de outubro, novembro e decembro.

Despois dunhas dispudadas semifinais, con moita expectación celebrouse a final entre os equipos “2^2” formado por Carla Salido, de 1º ESO e Raquel Ibón de 2ºBac e a gran sorpresa, o equipo “+,-”  formado por Uxía Fernández e Jorge Morado, os dous de 2º de ESO.

Sen chuletas e con fichas dunha soa cor para ser campións era necesario gañar tres xogos.  Os dous equipos renderon a moita altura e houbo moita emoción, pero finalmente 2^2 gañaron o  cuarto xogo e quedaron vencedoras.

 

A entrega de premios tivo lugar o  18 de decembro e contou coa presenza de membros da ANPA “O Castro” a que o Departamento de Matemáticas agradece a colaboración.

 

OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2016

 O pasado venres 15 de xaneiro   celebrouse en Santiago a Olimpiada Matemática Galega e, como ven sendo habitual,  contou con representación do alumnado do IES Mugardos. 

Neste caso os olímpicos foron Aurora Silvar de 2º Bac, Miguel Pereira de 1º Bac e Antonio Fernández de 3º ESO que foron acompañados pola profesora Covadonga Rodriguez-Moldes.

Unha intensa xornada na facultade de Matemáticas con tres problemas a resolver na sesión de mañá e outros tres na de tarde e entre unha e outra sesión, comida e un completo programa de actividades que comezou coa visita á Vicereitora sa USC, Isabel R-Moldes con quen se visitaron os potentes microscopios electrónicos do singular edificio de investigación, CACTUS e seguiu coa visita ás facultades de Bioloxía, Dereito, Químicas, Farmacia e tamén á biblioteca  Concepción Arenal (A Concha) que estaba ateigada de estudantes preparando os próximos exames. Tamén houbo tempo a tomar un café no Casino de Santiago e pasear polas históricas rúas compostelás. 

Foi unha intensa e moi interesante xornada.  

 

 

FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Distribuir contido