Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Matemáticas

Matemáticas na raia en 3.°ESO

Na tarde do xoves, 11 de abril, o alumnado de 3º ESO participou no concurso de resolución de problemas Matemáticas na raia.

Matemáticas na Raia é un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM).

 

Canguro matemático

21/03/2024 09:59
21/03/2024 09:59
Europe/Madrid

 

    CANGURO MATEMÁTICO

       Xoves, 21 de marzo

 

Saída ao CITEEC e ao CIFP Someso

No día de hoxe, o alumnado de 3ºESO e do Club de Ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.

Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorremos as instalacións do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) da UDC, onde puidemos comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e nas vilas galegas. Tamén nos mostraron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Amais, aproveitamos a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogamos con estruturas de diferentes tipoloxías.

Doutra banda, o profesor do Departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosounos a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puidemos pasear pola mostra de fornos e cociñas solares, emprazándonos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.

CIFP  CITEEC

 

CITEEC presa  CITEEC modelo

 

CIFP vieira  CIFP fornos

Difusión da experiencia PIALE en Canadá

Na mañá do pasado 21/12/23, o noso compañeiro do Departamento de Matemáticas, Fabio González, ofreceunos unha presentación sobre da súa estadía na cidade de Toronto, dentro do marco do programa PIALE, para a mellora de competencias lingüísticas do profesorado galego.
Ante a presencia dunhas doce docentes e corenta alumnas e alumnos, explicounos a súa integración no instituto canadense Forest Hill Collegiate Institute e as súas impresións sobre o sistema educativo da provincia de Ontario e o modo de vida na devandita metrópole.
Ademais, dentro do contexto de internacionalización no que está encadrado o IES de Mugardos, animounos a participar neste tipo de iniciativas de inmersión, polas riqueza achegada neste tipo de experiencias con estudantado e docentes doutros países.

 

Comezou o CIFRAS E LETRAS

Xa están aquí Polín e Polina para anunciar o comezo dunha nova edición do campionato de CIFRAS E LETRAS. Atentos ao taboleiro central do do departamento de Matemáticas para non esquecer as datas da túa participación. As probas iniciais desenvólvense durante os recreos nas aulas de referencia. 

O Curruncho da Ciencia

Botamos a andar.

Gústache a ciencia e sábelo!

Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso. 

Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.

Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.

Cartaz

Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma

Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.

Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.

Abofé que pagou a pena o esforzo!

 

 

     

Finalistas da XIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos da SGAPEIO

O grupo de 1º ESO B composto por Yerai, Rebeca, Adriana e Pepe foi seleccionado para defender o seu traballo "Saberías diferenciar a intelixencia artificial da intelixencia natural?" na gran final que terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xuño. Optarán a ser campións autonómicos e representar a Galicia na final estatal de Zaragoza. 

Os proxectos de "Ortografía - Lectura" do grupo de 2º ESO B conformado por Mishelle, Anxo, Eva e Naim e "Reciclaxe no IES de Mugardos" de Alexander, Héctor e Jairo de 2º FPB tamén foron premiados con senllas mencións especiais.

Parabéns a todas e todos polo esforzo!

 

FINALISTAS E MENCIÓNS
XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

Premios dos concursos matemáticos

Certame de pituits

 

Certame de vídeos

 

 

 

 

 

 

 

 

     
Mencións

 

 

 

      

Rally Matemático Sen Fronteiras 2023

Na tarde deste 11/04/2023, na volta ás aulas logo das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º ESO B e 2º ESO B vén de participar na XXXI edición do Rally Matemático Sen Fronteiras 2023, organizado por Igaciencia.

En grupos de 8 participantes, organizáronse para resolver un total de 5 problemas de diversos eidos matemáticos. Agora toca agardar ao vindeiro 24 de abril para ver se algún grupo é seleccionado para participar na final rexional en Santiago de Compostela.

Parabéns a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta proba.

 

  

 

 

Rally matemático 2023

Visita á central hidroeléctrica e fragas do Eume

O pasado 7 de marzo, o alumando de 1º e 2º de FPB realizou unha saída no marco das unidades de produción de enerxía eléctrica. Neste caso, aproveitamos a oportunidade que nos brinda o organismo de bacía, Augas de Galicia e o explotador do sistema no río Eume, Endesa, para comprender mellor o funcionamento da infraestrutura que permite a xeración de enerxía limpa.

Comezamos a visita na Central do Eume, na marxe esquerda do río, a onde chegan as augas encoradas na presa do Eume, augas arriba. Puidemos comprender os sistemas de control, tanto hidráulicos como eléctricos, e comprobamos in situ o funcionamento das dúas turbinas e alternadores que aproveitan a forza da auga para xerar máis de 50 MW.

Posteriormente, os enxeñeiros da presa guiáronnos pola propia estrutura de 103 m de altura e 250 m de perímetro superior, explicándonnos como se construiu nos anos 50 do século pasado e como funciona a día de hoxe. Aparentemente, está en perfecto estado de saúde.

Para rematar a visita, aproveitamos este entorno privilexiado para facer unha ruta polos sendeiros da ribeira do Eume, ata o mosteiro de Caaveiro, o que nos permitiu tamén colaborar co reto do camiño proposto polo IES.

Resolución do cubo de Rubik (Club de ciencias)

02/02/2023 12:35
Europe/Madrid

Obradoiro de resolución do cubo de Rubik

+ Infomación:  xoves, 2 de febreiro no segundo recreo.

Aula de Matemáticas

3.º ESO: Matemáticas na raia

21/04/2022 16:00
21/04/2022 17:30
Europe/Madrid

A tarde deste xoves, 21 de abril, o alumnado de 3.º ESO participará nas probas correspondentes á fase rexional de MATEMÁTICAS NA RAIA. Trátase dun concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve conxuntamente en Galicia e norte de Portugal.

+ INFO: Bases

Rebumbio matemático (6.º primaria)

22/04/2022 10:00
22/04/2022 14:30
Europe/Madrid

O IES de Mugardos será a sede do Rebumbio Matemático dirixido ao alumnado de 6.º de Educación Primaria. 

O venres 22 de abril acolleremos aos oito equipos da zona de Ferrol para a realización das probas da fase local que consiste na resolución de problemas de xeito colaborativo.

 

Zona de Ferrol, 8 grupos

CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte, Ferrol (1 grupo)

CEIP Santiago Apóstolo, Mugardos (1 grupo)

CPR Cristo Rey, Ferrol (2 grupos)

CPR Loyola, Mugardos (1 grupo)

CPR Sagrado Corazón Mercedarias, Ferrol (2 grupos)

CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa, Mugardos (1 grupo)

   

 

 

Participación na Olimpíada Matemática (2.º ESO)

Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes, acompañados do profesor José Luís Mayobre, realizaron o pasado xoves 29 de abril as probas na Facultade de Ciencias da Educación no campus de Elviña (A Coruña).

Mención de Honra na Olimpíada Matemática

Un ano máis, o departamento de matemáticas participou na Olimpíada Matemática Galega. Nesta ocasión asistiron as alumnas de 1.º bacharelato Isabel T., Emma V.
e de 2.º, Carla A. e Juan P. 
Os docentes foron Alberto L. e María C., acompañados na fotografía pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

 Parabéns a todos e todas as participantes e en especial pola Mención de Honra para Juan Pena.

 

Participación na Olimpíada Matemática Galega

22/01/2021 16:00
Europe/Madrid

 

 

Olimpíada Matemática Galega 2021
(a Fase Galega da LVII Olimpiada Matemática Española).

FUNCIÓNS MATEMÁTICAS E ANIMAIS

Actividade en dúas fases realizada na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.
O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” na que aprenderon o que é unha función real e as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.
Xa no primeiro trimestre deste desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, expoñénciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reprducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.
No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e completada nas casas. A proposta era a seguinte:
Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función. Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.
Finalmente debían acotar a función á zona na que coincidía co corpo do animal para comprender o significado de funcións a trozos, pero non están as imaxes nesta presentación para non facela repetitiva e longa.
Con esta actividade pretendíanse introducir o significado da vectorización, esto é, substituir imaxes por funcións que logo, ao cambiar de tamaño, non perden resolución no ordenador.
Traballáronse estándares do bloque de funcións e do Bloque I: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.

Carta abierta a mi alumnado

MATEMÁTICAS APLICADAS I E II DE BACHARELATO E MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS DE 2º BAC

Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.

https://classroom.google.com/u/0/h

Ver titorial

Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:

rodriguez-moldes@edu.xunta.es

 

 

MATEMÁTICAS ACADÉMICAS 4º ESO

Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.

https://classroom.google.com/u/0/h

Ver titorial

Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:

rodriguez-moldes@edu.xunta.es

Ciencias Aplicadas I (Apuntes e actividades para FPI ) 2019-2020

Unidade 9_ A materia_ átomos e substancias  (Apuntes da Unidade 9  con exercicios, semana do 16 ao 27 de marzo)

Unidade 10_Calor e temperatura. (Para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril)

Unidade 11_ Enerxía_ tipos, transformacións e usos_ (material do 14 ao 20 de abril)

 

A partir do 20 de abril as actividades propostas serán de repaso e reforzo dos contidos mínimos tratados na 1ª e 2ª avaliacións. Ditas actividades teranse en conta pasa subir a nota media da 1ª e 2ª avaliación.

 

Os que teñades que recuperar a 2ª avaliación facede os exercicios das unidades 5, 6, 7 e 8 dos vosos apuntes e mandarme a solución dos mesmos.

Os que teñades que recuperar a 2ª avaliación podedes facer as actividades autoavaliables do thatquiz das unidades 5, 6, 7 e 8 e mandarme unha captura de pantalla da nota (cando saquedes máis dun 5). 

 

Actividades de reforzo e repaso dos contídos mínimos trataros na 1ª e 2ª avaliación

Actividades autoavaliables de todas as Unidades: 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,16

Mención de Honra Olimpíada Matemática Galega (OMG)

Os representantes do IES de Mugardos, profesoras Covadonga Rodríguez-Moldes e María Calvo xunto a
decana da facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón

Un ano máis o departamento de Matemáticas acompañou aos estudantes de bacharelato á Olimpíada Matemática Galega (OMG). As nosas representantes foron Amparo Muíño, Alba Payo e Sara Rodríguez de 1.º BAC; e Álvaro Freire e Borja Souto de 2.º BAC. Parabéns para todos e en especial pola Mención de Honra acadada:

 


 

Álvaro Freire Ares
(2.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Páxina da OM

 
 

Visita de Miguel Brozos

O mércores 11 de decembro foi un día de festa para o departamento de Matemáticas porque recibimos a visita dun ex-alumno, Doutor  da Universidade de A Coruña e experto en Xeometría Diferencial: MIGUEL BROZOS VÁZQUEZ. Impartiu unha inesquecible conferencia titulada "Unha viaxe con curvas" ao alumnado de ciencias do centro e un obradoiro con materiais manipulativos ao alumnado de 4º de ESO A.  Veu acompañado do seu pai, José Brozos, que foi profesor de Ciencias no noso instituto.

Na visita ao centro lembramos momentos vividos hai anos como cando Miguel foi seleccionado como representante galego na Olimpiada Matemática Española.  Moitas grazas, Miguel.

Actividades para practicar con THATQUIZ autoavaliables

 

Ciencias Aplicadas I (1º FP Básica) Matemáticas 1º ESO
Ciencias Aplicadas II (2º FP Básica) Matemáticas 2º ESO
Matemáticas Aplicadas I (1º Bacharelato) Matemáticas Aplicadas 3º ESO
Matemáticas I (1º Bacharelato) Matemáticas Académicas 3º ESO
Matemáticas Aplicadas II (2º Bacharelato) Matemáticas Aplicadas 4º ESO
Matemáticas II (2º Bacharelato) Matemáticas Académicas 4º ESO
Métodos Estatísticos e Numéricos (2º Bacharelato) Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 1
  Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 2
  Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 3
  Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 4
   

 

 

 

Distribuir contido