Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Proxecto de centro

Saída ao CITEEC e ao CIFP Someso

No día de hoxe, o alumnado de 3ºESO e do Club de Ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.

Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorremos as instalacións do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) da UDC, onde puidemos comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e nas vilas galegas. Tamén nos mostraron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Amais, aproveitamos a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogamos con estruturas de diferentes tipoloxías.

Doutra banda, o profesor do Departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosounos a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puidemos pasear pola mostra de fornos e cociñas solares, emprazándonos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.

CIFP  CITEEC

 

CITEEC presa  CITEEC modelo

 

CIFP vieira  CIFP fornos

Samaín, 2023


 

Equipo directivo

DIRECTOR:    

 VICEDIRECTOR: 

XEFE DE ESTUDOS: 

SECRETARIO: 

 

Versión pdf
Versión na rede

Documento presentado ao abeiro da 
Orde do 21 de abril de 2021
(DOG do 30 de abril)

 

A dirección do período 2014-2017
renovouse por continuidade para
o período 2017-2021.
Pódese consultar a memoria 
do período anterior avaliado
positivamente e a proposta de mellora. 

PLANS, PROGRAMAS E PROXECTOS

 


Promoción da lectura, a escritura e acceso a fontes documentais

 

 

 

  • Plan de mellora da biblioteca escolar (PLAMBE)

  • Hora de Ler

  • Clubs de lectura

  • Radio na Biblio

  • Proxecto de centro anual

  • (Parlamento Xove)

 

 Desde o ano 2011, participamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Progresivamente foronse implantando outros programas dentro da liña de traballo da promoción da lectura, a escritura e a investigación. 

Cada curso renóvase o Plan Anual de Lectura e Liñas prioritarias da biblioteca.

A biblioteca escolar do centro mantense aberta ao alumnado durante os recreos e emprégase como aula en numerosas ocasións. A biblioteca acolle nestes momentos a pequena instalacion de radio.

O equipo de profesores da biblioteca ocúpase ademais dos clubs de lectura e da coordinación da materia de Proxecto competencial (ESO) e Atención Educativa (Bacharelato).

Todos os cursos, a comisión pedagóxica elixe un proxecto de centro como eixo vertebrador das actividades documentais que os departamentos queiran centrar no desenvolvemento das súas programacións didáctivas.

 

 

Proxecto de centro

2023-2024

  

Proxecto de centro

2022-2023 

          

         

 

 

                                            

 

Programas de atención á diversidade e éxito educativo

 
  • Contratos programa INCLÚE:
        Iguala-TE
        Convive-TE
        Emociona-TE
  • Reforza (Concello de Mugardos)

  • SEMgal

 

 O centro asina anualmente coa consellería o desenvolvento de accións específicas dentro do programa de actividades relacionadas coa igualdadae, a convivencia e mais o benestar emocional do alumnado. O departamento de Orientación vén coordinando todos estes programas que se adoitan levar a cabo a través da acción titorial.

"CPInclúe constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa".

 Entre as moitas actividades salientamos a posta en marcha nesta curso 23-24 para a mellora da convivencia coa participación directa do alumnado: "LATRIBU". 

Tamén comezou este curso a acción do Concello de Mugardos dirixida a todos os centros educativos do municipio. Trátase dunha actividade de reforzo educativo para alumnado seleccionado desde os centros e que se desenvolve fóra do hora lectivo nas dependencias municipais.

 
         

 

 

 

 TIC e desenvolvemento do Plan Dixital

 
  • Webs dinámicas.

  • Espazo Abalar e AbalarMóbiles

  • Edixgal (1.º e 2.º ESO)

  • Polos Creativos

    Blogs: Lecturamos, Mugarciencias, Piensosientosoy
    Redes sociaisYouTube; Facebook; Instagram
    Portfolio: Agüeiro

     
 

Plan Lingüístico 

  • Programa CUALE-inglés (A2, B1 e B2)
  • Auxiliar de conversa-inglés
  • Seccións bilingües
  • 2LE: francés e portugués
  • Dinamización (EDL)
     
 

STEAM

  • Club de ciencias

  • Actividades e concursos matemáticos
     
 

Seguridade, protección e prevención de riscos

  • Alerta escolar
  • Plan director
  • Autoprotección: simulacros e formación profesorado 
     
 

Orientación académica e profesional

  • Semana das profesións
  • Blog: Pienso, siento, soy
  • A ponte entre o ensino medio e a USC
  • ...
     
 

Programas europeos e internacionais

  • Erasmus+ (KA2)
  • eTwning
     

Actividade física e hábitos saudables

 
  • Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva (PVAD)

  • Recreos activos

  • Distribución de leite e froita (FOGGA)

  • Premio Estudo e Deporte
 

O Proxecto de vida activa e deportiva (PVAD) consiste en deseñarexecutar avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares. 

 
 

Actividades extraescolares

  • Excursión fin de curso (4.º ESO)
  • Actividade final 2.º ESO
  • Viaxe a Portugal.
     
 

Formación do profesorado

  • PFPP ...
     

 

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

PEC

Concreción curricular

 

NOF

 

PXA

Ver Anexos ↓

 

 

      » Cursos anteriores

Distribuir contido