Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Proceso de admisión para o curso 2016-2017

 
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016-2017


FORMULARIO
Os impresos entregaranse
de balde e tamén se poden
descargar nesta páxina para
a súa impresión e entrega
na secretaría do centro.

 

NOTA
INFORMATIVA

   

ADMITIDOS:

 


 

A partir do 1 de marzo ábrese o período de solicitude de praza de novo alumnado. O prazo de entrega de solitudes abrangue ata o 29 de marzo.

VACANTES

Logo do proceso de reserva e permanencia, o IES de Mugardos ofrece os seguinte postos escolares vacantes para o curso 2016-2016:

- 1.º ESO: 29
- 2.º ESO: 31
- 3.º ESO: 32
- 4.º ESO: 30

- 1.º Bacharelato: 33
- 2.º Bacharelato: 6

DOCUMENTACIÓN:

DNI da alumna/o, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade.

BAREMACIÓN:

Non se prevé necesaria. No caso de haber máis solicitudes que prazas, a documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza entregarase do 1 ao 12 de abril.

O centro non aplicará ningún criterio complementario para puntuación de acceso.

CALENDARIO

As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 30 de abril.

As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 15 de maio.

A matrícula dos alumnos/as admitidos terá lugar no mes de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro para os pendentes de exames de setembro. As datas para estas matrículas publicaranse a finais de xuño.

 LEXISLACIÓN:

- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.ecreto 254/2012

- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

- Sede electrónica: Procedemento ED550B

- Consellería de Educación: Páxina

AdxuntoTamaño
Anexo II - admisión.pdf364.38 KB
Admitidos ESO.pdf125.51 KB
Admitidos BAC.pdf108.19 KB