Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESCALA NA ESCOLA. UNHA SESIÓN MOI ESPECIAL

 

A 5ª sesión do Programa de Excelencia “Escala na Escola” foi realmente espectacular. Estreamos en público a impresora 3D adquirida polo instituto. Para iso contamos coa plana maior da exitosa Escola de Deseño Industrial de Ferrol (EUDI), da Universidade de Coruña, formada por Álvaro Deibe Díaz, enxeñeiro industrial e secretario da EUDI, Pablo Fernández Galdo, deseñador industrial e xefe AEVF e José Ramón Méndez Salgueiro, director da EUDI. Impartiron a sesión: “Do deseño dixital á realidad tanxible con impresión e escaneado 3D”.

A aula de tecnoloxía do IES Mugardos encheuse co alumnado habitual do programa de excelencia e con outros alumnos e profesores do IES Mugardos que descubrimos asombrados o entusiasmo, a calidade e a alegría con que se traballa na EUDI. Vimos vídeos e imaxes do traballo do alumnado desta escola, dos premios que recibiron e da implicación da EUDI no mundo industrial, especialmente no sector do automóbil.

Ademáis aprendemos do presente e o futuro da impresión 3D e recibimos obsequios de chaveiros realizados en impresión 3D co nome IES Mugardos.

Finalmente asistimos á primeira impresión da nosa  BQ PRUSA i3 HEPHESTOS, que ben podemos cambiarlle o nome polo de Eudía polo bonita e ben preparada que nos chegou.

Non temos palabras para agradecer todo o que nos aportaron José Manuel, Pablo, Álvaro e Ahitor pero esperamos que se sentiran a gusto no IES Mugardos e que se foran coa sensación de que aquí deixaron unha fonda pegada.