Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Terceiro trimestre do curso académico 2019/2020

A Consellería vén de publicar o 27 de abril as Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020. Recollense neste documento as directrices xerais e específicas por ensinanzas para os centros docentes, que neste momento estamos suxeitos ás recomendacións sanitarias.

En canto ao ámbito educativo estas son algunhas das principais instrucións:

CALENDARIO

  • As actividades lectivas rematarán o 19 de xuño. A partir desta data publicaranse as cualificacións finais da avaliación ordinaria de xuño. Lembramos que segue a exitir a convocatoria extraordinaria de setembro.
  • A avaliación ordinaria de 2.º bacharelato deberá realizarse antes do 9 de xuño. Publicaremos proximamente a data de entrega de notas, prazos de reclamacións e procedemento de matrícula na ABAU.

ADAPTACIÓN DAS ACTIVIDADES E PROGRAMACIÓNS

  • Adaptaremos o labor docente, as titorías e a orientación educativa á situación de crise sanitaria e suspensión das clases presenciais.
  • Cos medios telemáticos dispoñibles, desenvolveremos as actividades de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias.
  • Con estas actividades, o alumnado terá a oportunidade de superar ou subir a cualificación nas materias xa avaliadas nos dous primeiros trimestres do curso.
  • Adaptaremos as programacións didácticas de todas as materias e ámbitos, incluíndo o procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. 
  • Este documento publicarase na páxina web do instituto a partir do 13 de maio e informarase, asemade, ao alumnado e ás súas familias.
  • Para a superación das materias pendentes tamén se realizarán actividades de seguimento e recuperación. De ser necesario, poderase convocar unha proba telemática ou realización de traballos. As datas e procedementos figurarán no documento anterior.

AVALIACIÓN 

  • A avaliación das actividades realizadas na fase non presencial só poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.
  • A avaliación final considerá en conxunto as actividades de todo o curso. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres e mais nas actividades de recuperación, repaso, reforzo e ampliación deste terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado. 
  • Os equipos docentes poderán adoptar as decisións colexiadas de promoción e titulación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como na extraordinaria de setembro. A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional que tamén se adoptará de maneira colexiada.
  • Emitiremos un informe final individual valorativo do traballo de cada alumno/a para ter sido en conta o vindeiro curso.