Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Semana das Profesións: conversas sobre o futuro

 

PÓDESE EMPRENDER EN MUGARDOS?
IAGO TRIANA. DA COSTA VERDECENTE

Hoxe inauguramos a Semana das Profesións con Iago da empresa de servizos caninos Da Costa Verdecente que ofrece adestramento, perruquería canina, hotel e tenda. https://www.iagotriana.com/
Iago contounos que logo de probar con itinerarios laborais diferentes, pensou na posibilidade de ser emprendedor montando unha empresa relacionada co que lle gustaba e polo que sentía unha gran paixón: os cans.
Imaxinades traballar no que adicades o tempo libre... soa ben, non?. Pero antes de chegar a este punto, a Iago tocoulle traballar no sector dunha maneira diferente que lle permitiu coñecer ben que podía funcionar, donde había mercado. Emprender foi unha idea que foi xurdindo pouco a pouco. Ademáis de traballar no que lle gustaba, animoulle a idea de ser o seu propio xefe e vivir aquí.
Na conversa que mantivemos, fixemos unha pequena enquisa informal e descubrimos que unha parte importante do alumnado de 3°ESO ten a idea de marchar para estudar fóra e vivir experiencias novas. Tamén descubrimos que á hora de buscar emprego, a vosa idea é traballar lonxe de Mugardos e volver nas vacacións porque considerades que aquí hai poucas oportunidades. Algúns tendes emprendedores/as na familia e non descartades emprender, pero en principio descartades facelo aquí. Con todo o marabilloso que hai en Ares- Mugardos... marchar? E se cambiades a realidade como en Texas? Lembrades o que nos dixo Iago?
Hoxe vimos como as oportunidades creanse, e os nosos sitios poden cambiar coas miradas dos emprendedores. Temos a opción de opositor, de ser contratados/as por conta allea pero a opción de emprender, crear empresa e incluso contratar xente pode ser unha realidade tamén interesante.
Na charla tamén falamos sobre como algunhas estratexias de negocio como a diversificación de servizos permiten que unha empresa como a de Iago se manteña ben. Se un servizo frouxea, hai outros que poden ir mellor e compensar.
Tamén falamos de que se pode traballar en Mugardos e levar o seu nome polo mundo adiante coa internalización, realmente podes comerte o mundo emprendendo en Mugardos! Tamén falamos que saír, coñecer experiencias e sitos novos está moi ben e enriquece o que fagamos logo.
Aproveitar as oportunidades e ter en conta as ameazas son claves. Tamén coñecer as debilidades e as fortalezas. En empresa a isto lle chamamos DAFO. Iago ten claro contra quen non pode competir e sabe tamén donde el non atopa competencia. Disto vai emprender.
Espero que esta charla vos permitira valorar outras posibilidades profesionais e darvos conta de que na vida dunha persoa hai etapas, idas e voltas, que un empeza dunha maneira e logo pode continuar doutra. Que as oportunidades se crean. Que o lugar donde un vive pode ser un bo lugar para emprender. Que o noso tamén se defende (que llo digan ao can palleiro).
Moitas grazas Iago, que a costa siga verdecendo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
SEMANA DAS PROFESIÓNS_ CONVERSAS SOBRE O FUTURO 01-04.pdf2 MB