Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

FISIQUIÑOS 2022-23: QUIMICA NA COCIÑA

Xa celebramos a tradicional xornada de química na cociña en 3ºESO. Trátase, coma sempre, de elaborar un biscoito en grupos de 4 ou 5 persoas desde o principio ao final. Por prinicpio entendemos receita, ingredientes, compra dos mesmos ou polo menos elaboración dun orzamento para rematar a tarefa con día grande, que consiste en levar a cabo o mesmo nas intalacións do instituto. Este ano 202-23 tocou o xoves 24 de novembro e como resultado saíron 8 biscoitos de diferentes tipos. En xeral a participación foi boa, o comportamento modélico e os produtos de bo sabor. Iso valoráronos tanto alumnado de 3ºESO coma profesorado do centro. Houbo dous biscoitos que sobresaíron sobre o resto pero dado que a rúbrica de valoración da tarefa incluía máis items que ese, a puntuación total foi media-alta en CASE todos os grupos.

A reportaxe fotográfica completa, co soporte literario desta historia na que nos embarcamos todos os anos, podédela atopar no arquivo anexo. Como o obxectivo de ver as fotos e convidar á reflexión, poñedevos cómodos e botádelle unha ollada...son só 5 minutiños e seguramente sacaredes algunha conclusión.

Grazas desde o departamento de Física e Química a todos os que, dunha maneira ou outras, estivestes implicados no asunto.

 

AdxuntoTamaño
Reportaxe fotográfica da tarefa QUÍMICA NA COCIÑA.pdf6.56 MB