Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Informe "Adolescentes e Internet en Galicia" do Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo de Galicia deu a coñecer recentemente os resultados do traballo de investigación e análise sobre as actitudes, crenzas, habilidades e uso de internet por parte da mocidade galega. O informe, que se pode descargar da rede, achega todos os datos estatísticos e unhas valiosas conclusións que deberían ser coñecidas e reflexionadas por toda a comunidade educativa.


Para pais e nais: 

"Un primeiro resultado atopado é que o 52.8% dos adolescentes sinala que os seus pais non os controlan á hora de usar Internet. (…)
Debe engadirse que polo menos 1 de cada 4 pais (25.5%) non utilizaron nunca ou practicamente nunca Internet, dato que contrasta claramente coa porcentaxe rexistrada entre os propios adolescentes (5%). Estamos, por tanto, ante unha diferenza xeracional considerable, que ben puidese estar na base da explicación do escaso control exercido. De feito, cando se cruzan ambos os elementos (utilización de Internet por parte dos pais e control exercido por estes) detéctase unha asociación estatisticamente significativa, de maneira que canto menor é o coñecemento e utilización de Internet por parte dos pais, menor tende a ser tamén o control exercido sobre os fillos. Este resultado sitúa nos propios pais un dos principais focos de traballo a nivel preventivo. 

 

Para profesores/as: 

 “Os centros educativos débense converter nunha fonte relevante de información e formación con relación a Internet, nun interlocutor válido para modular os coñecementos, actitudes e hábitos de uso de Internet entre os adolescentes. Máis aló das tradicionais clases de informática, os centros deben establecer entre os seus obxectivos docentes e incluír nos propios deseños curriculares unha formación integral sobre Internet, favorecendo un uso saudable deste. Trátase de reflexionar cos propios alumnos sobre situacións hipotéticas de risco para que perciban e valoren adecuadamente feitos similares que poidan vivir, tomando as decisións correctas para a súa protección.
Desta forma, nos currículos, no marco do fomento do uso das tecnoloxías dixitais como apoio ás tarefas formativas, hai que incluír a específica aprendizaxe de modos de navegación segura e o uso de ferramentas destinadas a iso. As materias de Informática, Tecnoloxía ou Educación para a Cidadanía poden usarse para iso.”

 

Para todos/as: 

“Os pais e os profesores, coa súa actitude, deben xerar confianza nos menores para que estes acudan a eles en procura de axuda e consello. Hai que transmitirlles que a súa función non é a de sancionar ou prohibir o uso de Internet senón desactivar os perigos da Rede. O uso de Internet é positivo se se controlan os seus riscos.
A mellor opción para un menor cando se atopa cun problema ou algo raro na navegación é acudir de inmediato aos seus pais ou profesores.”

 

Autor: Valedor do Pobo

Archivo pdf