Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Educación física

Actividade no Club de Remo de Mugardos

Na semana do 7 ao 11 de xuño, todo o alumnado do IES Mugardos tivo a oportunidade e participar nunha actividade de promoción do Club de Remo de Mugardos. As sesións resultaron dunha colaboración entre o departamento de Educación Física e o club local, que tivo a ben dispoñer das embarcacións e dos monitores para realizar unha actividade ao aire libre, con todas as medidas de seguridade e de balde.

Os rapaces e rapazas puideron comprobar coma o esforzo é ineludible neste deporte, no que o adestramento é moi esixente pero a perseverancia da os seus froitos.

Unhas xornadas distintas para esquecer este curso tan duro que a rapazada superou con tanto ánimo. Parabéns a todos e todas!

Ao longo das segunda semana de xuño, todo o alumnado da ESO baixou á ribeira para realizar unha actividade práctica de coñecemento do remo. Grazas ao Club de Remo de Mugardos por abrir as súas portas aos centros educativos.

Para todas as familias animamos a seguir con esta toma de contacto cos deportes do mar coa inscrición na Escola de verán.

 

4.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

08/06/2021 12:45
08/06/2021 14:25
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

 

4ª ESO: martes 8 a 5ª e 6ª horas.

3.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

11/06/2021 10:45
11/06/2021 12:45
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

3º ESO: venres 11 a 3ª e 4ª horas, 

 

2.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

08/06/2021 09:35
08/06/2021 11:35
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

2º ESO: martes 8 a 2ª e 3ª horas, 

 

1.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

09/06/2021 10:45
09/06/2021 12:45
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

1º ESO: mércores 9 a 3ª e 4ª horas,

Ruta a pé

Ruta a pé, toda a tarde do martes 20 e abril, na que participou o alumnado de 1.º Bacharelato A e C; 4.º ESO B e 2.º ESO. Camiñata de convivencia e exercicio saudable.

Ruta cicloturista (4.º ESO)

 

    

 O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.

 Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá. A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles a tranquilidade! Voltamos felices.

Carreira de orientación deportiva

O pasado venres os alumnos e alumnas de 1º da ESO gozarn dunha sesión de dúas horas para facer unha carreira de orientación na contorna do centro. A actividade tivo lugar no Baño, aproveitando o fermoso día de sol que nos acompañou.
A xornada foi preparada polo alumnado de 3º da ESO durante varias sesións previas, e consistiu na colocación de balizas de orientación en rumbos previamente medidos e establecidos por eles mesmos. Cada grupo de 1º da ESO contou cun "padriño" ou "madriña" de excepción, xa que contamos coa colaboración dos alumnos de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato, co seu profesor Diego Calvo á cabeza. Os padriños guiaron ós pequenos na interpretación dos mapas e acompañáronos durante os desprazamentos e na carreira (mesmo algún correu todo o tempo con eles).
Os rapaces e rapazas de 3º da ESO establecéronse en "postas" ás cales acudían os distintos grupos a realizar pequenas e divertidas probas antes de buscar a seguinte baliza, e asinaban a tarxeta de control de cada grupo.
Aínda que houbo algún grupo que foi quen de atopar case todas as balizas, prevaleceu o espírito participativo e a convivencia nesta xornada na que os pequenos tiveron oportunidade de convivir cos maiores nunha contorna segura, aprendendo que se pode gozar do medio natural preservándoo e coidándoo.
 

Pautas fin de curso

PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.

O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):

  • Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
  • Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
  • Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.

Outra información de interés:

·      Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.

·      O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!

Educación Física (Bacharelato)

1º- Bacharelato    2.º Bacharelato
Tarefas de reforzo e profundización no curso da aula virtual do IES Mugardos. Na espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El amor en los tiempos del cólera”. Nesta aula solicítanse tarefas que contribúen ao reforzo dos contidos do nivel educativo e á súa aplicación práctica.   Materiais formativos e de traballo no curso da aula virtual do IES Mugardos. Á espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El baile de la victoria”. Tarefa interdisciplinar con varias tarefas intermedias de entrega secuenciada, aplicable á situación actual.

https://classroom.google.com/u/0/h

 

Educación Física (3.º e 4.º ESO)

Tarefas na aula creada en classroom (entran a través do seu correo de Gmail, de Google), cunha aula creada para cada un dos niveis educativos onde xa teñen tarefas asignadas: “Sesións Complementarias”  (que en breve cambiará de nome, axustándose a cada grupo).

 https://classroom.google.com/u/0/h

Surf, megajump e visita ao INEF

O alumnado de Actividade Física (2.º Bac) realizou este martes a excursión á praia de Bastiagueiro para desenvolveren unha práctica de surf. Tamén aproveritaron a xornada cunha acticidade de magajump e unha visita ao INEF.

VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE

 

 

 

GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS

Venres, 21 de xuño

 

MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza

MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)

  

 

 

1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber

1.º PREMIO -  Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber"

A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de  1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas.

As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto.

A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda.

Parabéns!!!

1.º ESO - A    
Análise da campaña dae Beefeater Pink

   

    1.º ESO- B  
Análise campañas en instagram
(Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...)

 

 

 

 

Comunicado Sergas

INFORMACIÓN DO PROXECTA Apuntámonos a n on beber

VII Premio Estudo e Deporte

 

 Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.

No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.

Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.

    .    

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!

Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Deportes náuticos en Ares

Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.

 

Iniciación ao remo (1.º e 2.º ESO)

Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.

Sesións formativas para pais e nais

A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.

 

PROGRAMA

 

Ioga tibetano

O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.

Proba de orientación deportiva en Monfero

O xoves pasado o alumnado de 1.º e 2.º ESO venceu a chuvia, o vento e o frío na carreira de orientación celebrada en Monfero xunto con outros centros que participamos no programa Xogade. Trátase, ademais, dunha proba preparatoria para a fase provincial que se vén realizando en Culleredo.

Campionato de volei

Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.

Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.

Entrega de diplomas do campionato de fútbol

 

Entrega de diplomas do campionato de fútbol.

Parabéns a todos os participantes.

Roda cubana de baile

Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.

Fase final do campionato de fútbol

Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.

Exhibición de tenis

Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.

Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.

 

César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.

Moitas grazas.

Magosto e xincana deportiva

Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.

Campionato de fútbol sala

Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección. 

Skate e patinaxe

Este venres tivo lugar no recreo unha demostración práctica de skate e patinaxe a cargo da asociación Gazapo. A actividade, patrocinada polo concello de Ares, tamén concluíu cun chamamento a todas as persoas interesadas en continuar desfrutando da sensación sobre rodas para formar un grupo os sábados pola mañá en Ares.

Campionato de voleibol

Esta mañá xogárose as finais do campionato mixto de voleibol nas categorías infantil e xuvenil.  O remate foi o esperado partido entre alumnos/as e profesores/as. Gañou a deportividade.

 

 

Distribuir contido