Estimada familia,
O seu fillo ou filla, que cursa 2º da ESO, vén de participar nas probas da avaliacián de diagnástico. No día de hoxe foille entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias.
Na carta indícase a páxina web https://enquisas.edu.xunta.gal/272794 [1] e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024. Para encher o cuestionario en liña, é preciso ter conexión a Internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet).
Se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar a súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través do seu fillo ou filla.
Moitas grazas pola súa colaboración.
IES de Sar, Santiago de Compostela, 22 abril do 2024