Skip to Content

SAINT PATRICK'S WEEK

Clicar na imaxe para ver o vídeo

AXUDAS CURSO 2023-24

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

Edixgal garantiza un mínimo de seis materias por curso con libro dixital, polo tanto, o centro queda fóra do Fondo solidario de libros de texto.

Cursos:

  • Todos os cursos de ESO para o cheque de material.

Normativa: Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Outros requisitos:

  •  Renda per cápita familiar entre 6000 e 10000 euros (vale de 60 euros para material).
  •  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 euros ou discapacitados ou tutelados pola Xunta (vale de 75 euros para material)

Prazos: Solicitude ata o 21 de xuño.

Procedemento: Preferiblemente por vía electrónica cubrindo o formulario (ED330B) dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e entregándoo a través da  sede electrónica da Xunta de Galicia

Opcionalmente poderá presentarse a solicitude nas oficinas do Centro, onde tamén estará dispoñible o formulario para cubrir.


Rally Matemático 2023

GAÑADORES NA FINAL GALEGA DO RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS!


Parabéns ao noso alumnado de 1º da ESO A que acadaron o primeiro premio na fase final galega do Rally Matemático que está organizado pola Asociación IGACIENCIA. O equipo formados por 8 alumnas/os, xa están preparando o Roteiro Matemático en Madrid pois, este ano, suspendeuse a fase final internacional do Rally que se celebra anualmente en Toulouse.

 

 

EXPOSICIÓN DE CÉLULAS

 

Clicar na imaxe para ver o vídeo

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

Noraboa polas 3 medallas obtidas

Clicar na imaxe para ver o vídeo

 

TORNEO DE BÁDMINTON (Febreiro 2023)

Clicar na imaxe para ver o vídeo

Olimpiada de Filosofía

Aroa Dios de 1º de bacharelato gañou o segundo premio na categoría de disertación na X Olimpíada de Filosofía de Galicia cunha magnífica defensa do seu escrito sobre “Fronteiras e xustiza global”. A finais de abril irá a Tenerife en representación de Galicia na Olimpíada Nacional de Filosofía. Parabéns, Aroa!

 

Olimpíada de Química

Extraordinaria participación de Alba Araújo, Paula Dios, Amalia González, Javier González e Sabela Pérez, na Olimpíada Galega de Química.

Parabéns a Paula Dios! quen representará a Galicia na Olimpíada Nacional de Química en Valencia.

Por segundo ano consecutivo o alumnado do IES Blanco Amor terá presenza na Olimpíada Nacional unha vez que o lograse Martín Padrón o curso anterior.

Agradecemos ás profesoras Sira González e Loly Fernández por dedicar sesións extraordinarias para a preparación da Olimpíada.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut