Skip to Content

PREMIOS STEPHEN HAWKING

O pasado 19 de Abril tivo lugar no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela a VI Edición dos Premios Stephen Hawking, este ano adicado ás "Intelixencias"

O noso centro participou con dous traballos do noso alumnado de 2º bacharelato .

 

Daniela Montoto,  Anxo Vázquez e Leyla Villar co seu traballo "Demostración e descubrimento automático de teoremas xeométricos mediante bases de Gröbner", acadaron o 1º PREMIO.

Dende o IES Eduardo Blanco Amor queremos darlle a noraboa, principalmente a eles, polo seu traballo e o premio obtido, pero tamén ao profesor Carlos Ferreiro que os formou e guiou neste proxecto.  

Para ver máis información sobre a  xornada podedes visitar a páxina oficial dos premios premendo AQUÍ

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DO CURSO ANTERIOR

 

 

OLIMPÍADA DE FÍSICA

 Clicar na imaxe para ver a nova de prensa

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa.

As Competencia dixital segundo o Marco galego de competencias dixitais que podes obter AQUÍ  divídese en 5 áreas.

A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

  Podedes atopar máis información e unha “demo”  da proba de acreditación  na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

 

 

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de matemáticas convoca un concurso de fotografía. PARTICIPADE!!!

Os gañadores daranse a coñecer o día 14 de Marzo (Día de Pi e día Internacional das Matemáticas). Podedes consultar as bases do concurso premendo AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut