Skip to Content

Nova convocatoria de Capacitación Dixital

Boas novas!!!!! No instituto imos ofertar unha nova convocatoria (a 5ª xa) de Capacitación Dixital. Na imaxe inferior teñen toda a información:

 

Calendario Probas Ordinarias-Extraordinarias ESA 23-24.

Xa dispoñible na táboa de abaixo o calendario coas probas das convocatorias ordinarias e extraordinarias da Educación Secundaria de Adultos.

Solicitudes de Certificados a través da web do centro

Xa está dispoñible na nosa web un formulario web para aquelas solicitudes de certificados que calquera do noso alumnado poida necesitar (Notas, Celga...). Todo o que ten que facer e premer na imaxe "Solicitudes de certificados (online)" e cumprimentar o formulario cos seus datos e as certificacións que necesite. Despois dun prazo de 3 días hábiles poderá recollelos na secretaría do centro mostrando o seu DNI ou, no caso de que veña alguén no seu lugar, co DNI desa persoa e unha autorización do interesado.

 

 

V Certame de micropoemas Beatriz da Serra

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval (Nigrán), IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), CEIP Carlos Casares (Nigrán) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán), IES Primeiro de Marzo (Baiona) e IES Val Miñor (Nigrán), en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, convocan por quinto ano consecutivo o V Certame de Micropoemas Beatriz da Serra, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. 

 CATEGORÍAS:

  • a) alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
  • b) alumnado de 1º, 2º, 3º ESO, PDC e FP Básica 
  • c) alumnado de 4º ESO, bacharelato, ESA e ciclos formativos

 BASES:

Coplas gañadoras do concurso da Candeloria

 

O 2 de febreiro é o verdadeiro día do amor: a Candeloria

 

Escribíronme unha carta

nas alas dun paxariño,

quen che me dera saber

quen me ten tanto cariño.

 

Premios de 15, 10 e 5 €, respectivamente, en cada categoría:

CATEGORÍA (1º e 2º ESO)

Distribuir contido


by Dr. Radut